"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
GALICIA
Pintor e debuxante. Cultivou o retrato e a acuarela. Traballou como ilustrador en Galicia Moderna, Luz y Sombra e Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico norteamericano. Estudiou na Universidade de Nebraska e na de Harvard. Traballou na industria química Merck & Co e foi profesor na Universidade de California. En 1952 enunciou a regra que leva o seu nome. En 1987 concedéuselle o Premio Nobel de Química, xunto con J. M. Lehn e C. J. Pedersen, polas súas sínteses de macromoléculas cíclicas similares ás zonas activas dos polímeros biolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Regra enunciada en 1952 por Donald J. Cram que predí o diastereómero que se forma en maior cantidade nunha reacción de adición (reacción de Grignard, redución con hidruro metálico, etc) cando se crea un centro simétrico adxacente a outro xa existente.
-
PERSOEIRO
Matemático suízo. Foi catedrático de Matemáticas e de Filosofía na Universidade de Xenebra. Estudiou a teoría newtoniana das curvas alxébricas e clasificounas segundo o grao da ecuación. En 1750 reintroduciu o algarismo, chamado regra de Cramer, que xa empregara Leibniz a finais do s XVII, para resolver sistemas de ecuacións lineais cunhas cantas incógnitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista, pedagogo e compositor. Discípulo de J. S. Schoeteri e M. Clementi, exerceu a docencia e foi editor musical. Da súa produción destacan diversas sonatas e concertos para piano, e o tratado musical Studio per el pianoforte (Estudio para o pianoforte, 1804 e 1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Algarismo que permite achar as solucións dun sistema de n ecuacións lineais con n incógnitas, sempre que o determinante da matriz formada polos coeficientes das incógnitas teña un valor non nulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de metal que se crava na sola das botas de alpinismo para conseguir unha maior suxeición e adherencia na neve e no xeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás pezas que teñen no seu extremo unha media potenza ou un gancho.
-
GALICIA
Pintor. Cultivou o óleo cunha pintura realista na liña do naturalismo non academicista de carácter romántico. Nas súas paisaxes e mariñas compaxinou o dominio do debuxo coa liberdade e a expresividade da mancha. Realizou exposicións individuais en Galicia, especialmente nas salas da Asociación de Artistas da Coruña (1977-1987), así como en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Texto ou palabras escritas en caracteres secretos. Normalmente, trátase dun texto composto a partir dun código privado previamente fixado que restrinxe a súa comprensión a un grupo de receptores informados das claves que se empregaron no seu proceso de elaboración. É frecuente o seu uso na literatura con distintas finalidades, entre outras ocultar o nome do autor, do destinatario ou do lugar e data de composición dunha obra, de maneira que só sexa accesible para quen descifre o código. Unha estratexia habitual para disimular mensaxes é a agrupación das súas letras en grupos de dous ou de tres, que alteran a estrutura esperada e provocan a confusión nun receptor non iniciado.
-
Texto ou datos difíciles de descifrar ou de comprender.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfica producida polo cromatógrafo (curva de elución) que permite identificar e cuantificar os compoñentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravación cinematrográfica obtida cun cronociclógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto no que as primeiras letras se corresponden con cifras do sistema de numeración romano (I, V, X, L, C, D, M) de xeito que reproducen a data na que sucedeu o evento do que se fala no texto. Pode expresarse en prosa ou en verso. Foi unha recurso frecuente na literatura da Idade Media e aparece tamén nalgunhas inscricións do s XVIII. É famoso o hexámetro que conmemoraba as Vésperas Sicilianas: “franCorVM tVrbIs sICVLVs fert fVnera Vesper”, no que ao sumar os numerais romanos representados polas maiúsculas dá 1282, data do alzamento contra os Anjou.
-
-
Relativo ou pertencente a un cronograma.
-
Que constitúe un cronograma.
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Dentro dunha concepción neoclásica e afrancesada, traduciu obras de Racine, Metastasio, Molière e Shakespeare. Posteriormente, a súa obra evolucionou cara a unha tendencia nacionalista plasmada nas zarzuelas (Las segadoras de Vallecas, 1768; Las foncarraleras, 1772) e, sobre todo, nos sainetes. Da súa produción, de máis de 470 pezas, destacan La casa de tócame Roque, El fandango del candil, La pradera de San Isidro, Las castañeras picadas e Manolo, tragedia para reír y comedia para llorar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos da orde das pteridais. Presenta rizomas rastreiros e frondes, de ata 30 cm de lonxitude, varias veces divididas, de cor verde clara, cos pecíolos moi longos e verdes. As frondes estériles teñen os lóbulos ovados e dentados mentres que as frondes fértiles son máis grandes, teñen os lóbulos máis longos e de marxe enteira e presentan os soros dispostos de xeito marxinal e cubertos polo extremo do limbo. A especie C. crispa vive na Península Ibérica nos pedregais que permanecen con neve a maior parte do ano polo que en Galicia está restrinxida aos cumios das serras orientais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadernos da Escola Dramática Galega.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista. Mestre de capela de varias catedrais (Zaragoza, Oviedo e Roda), gañou por oposición a praza de organista en Santiago, cidade na que tamén ensinou canto e órgano e foi vicemestre de capela. Como compositor, deixou misas, salmos, magnificat e cinco responsorios de Nadal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro de minas e político. Xefe do distrito mineiro da Coruña-Lugo, foi concelleiro da Coruña e alcalde accidental. Foi colaborador de La Voz de Galicia, fundador e director do Boletín de la cámara minera e director da revista Galicia comercial e industrial. Publicou, entre outros libros, La minería en Galicia: Lugo y La Coruña (1910), con Antonio María de Irimo, La minería en Galicia: historia, situación actual y solución para su desarrollo (1919), Impresiones sobre la minería en Galicia (1922). Recibiu a cruz de Afonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO