criptograma
(< cripto- + -grama)
-
s
m
[ESCR]
Texto ou palabras escritas en caracteres secretos. Normalmente, trátase dun texto composto a partir dun código privado previamente fixado que restrinxe a súa comprensión a un grupo de receptores informados das claves que se empregaron no seu proceso de elaboración. É frecuente o seu uso na literatura con distintas finalidades, entre outras ocultar o nome do autor, do destinatario ou do lugar e data de composición dunha obra, de maneira que só sexa accesible para quen descifre o código. Unha estratexia habitual para disimular mensaxes é a agrupación das súas letras en grupos de dous ou de tres, que alteran a estrutura esperada e provocan a confusión nun receptor non iniciado.
-
s
m
Texto ou datos difíciles de descifrar ou de comprender.
Ex: A súa letra parecía un criptograma indescifrable.