"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moble de orixe musulmá en forma de cofre rectangular con asas laterais e cunha tapa abatible que deixa ver as gabetas ou caixóns. Estaba adornado cunha serie de incrustacións artísticas feitas sobre a propia madeira e chamadas taraceas.
-
PERSOEIRO
Poeta inglés. Autor, entre outras, de Thirty Preliminary Poems (Trinta poemas preliminares, 1933), Poems (Poemas, 1935), Calamiterror (1937), The Golden Chains (As cadeas de ouro, 1968), Poems of Places and People (Poemas de lugares e xente, 1971), Dialogues, etc (Diálogos, etc, 1976) e Villa Stellar (1978); emprega nos seus poemas unha imaxinería violenta, sensual e romántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e reporteiro gráfico norteamericano do exército sudista. Realizou numerosas reportaxes durante a Guerra de Secesión, sendo un dos pioneiros neste eido da fotografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cartógrafo escocés. Foi un dos fundadores da Royal Scottish Geographical Society (1884). Introduciu o sistema de representación do relevo por medio de cores. A súa obra máis coñecida é Times Survey Atlas of the World (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formado na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona, traballou en Santiago de Compostela dende a década dos anos sesenta, onde formaba equipo con Carlos Almuíña Díaz e Rafael Baltar Tojo. Nesta cidade recóllese gran parte da súa obra: edificio dos xulgados de Santiago, subestación de Fenosa da rúa Galeras, Pavillón do colexio Peleteiro, etc. Interveu tamén en proxectos de rehabilitación e restauración do núcleo histórico compostelán: a rehabilitación do Teatro Principal e do Salón Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Georg Kern.
-
PERSOEIRO
Navegante e explorador inglés. Percorreu as costas de Australia e de Tasmania, e descubriu o estreito que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador e poeta posneorrealista italiano de orixe xudea. Colaborou en Letteratura, Botteghe Oscure e Paragone, e publicou ensaios literarios e poesía. A súa obra narrativa, chea de amargura, describe as vicisitudes duns personaxes provincianos nun mundo brutalmente trastornado. Il giardino dei Finzi-Contine (O xardín dos Finzi-Contine, 1962) é a máis coñecida. Escribiu tamén Dietro la porta (Detrás da porta, 1964), L’airone (A garza, 1968), etc. No volume Il romanzo di Ferrara (A obra de Ferrara, 1980) reuniu e refixo toda a súa obra narrativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Abandounou o Catolicismo e evolucionou cara a un misticismo hinduísta. A súa obra céntrase nos estados límite, como a dor, o pracer ou a morte. Destacan o ensaio L´expériencie intérieure (A experiencia interior, 1943) e a novela Le coupable (O culpable, 1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de familia e título principesco alemáns orixinados a raíz do matrimonio morganático (1851) do príncipe Alexandre de Hessen-Darmstadt, do Rin, coa condesa Xulia-Tareixa Maurikievna von Haucke, que o gran duque elixiu en 1858 princesa de Battenberg. Fillos deste matrimonio foron Alexandre de Battenberg , elixido príncipe soberano de Bulgaria (Alexandre I), Enrique de Battenberg (morto en 1896) e Luís de Battenberg (morto en 1921), o fillo maior, que contraeu matrimonio con Victoria de Hessen, neta da Raíña Victoria I. Luís renunciou aos títulos alemáns en 1917 e adoptou o nome de Mountbatten. Fillos deste foron a princesa Alicia de Battenberg (nai de Filipe de Edimburgo), Luísa Mountbatten, Raíña de Suecia, Louis Mountbatten, vicerrei da India e primeiro conde Mountbatten de Birmania, e George Mountbatten, marqués de Milford-Haven.
-
PERSOEIRO
Escritor francés en lingua latina. Monxe e abade do convento de Bourgueil, compuxo un Itinerarium (Itinerario), a Historia hierosolymitana (Historia de Xerusalén) e numerosos poemas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Georgius Agricola.
-
PERSOEIRO
Biólogo norteamericano. Profesor en diversas universidades norteamericanas, en 1958 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, xunto con J. Lederberg e E. L. Tatum, por relacionar as vías metabólicas de síntese de enzimas cos xenes e demostrar que cada xene controla a produción dun enzima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. En 1987 foille outorgado, xuntamente con K. Alexander Müller, o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos primeiros supercondutores a alta temperatura crítica, que fixo no laboratorio IBM de Zúric en 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biofísico húngaro. Establecido nos EE UU desde 1947, foi profesor na Universidade de Harvard (1949). Polos seus traballos sobre o mecanismo de transmisión da audición, foille concedido en 1961 o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor e director de escena. Formouse na Universitat Autònoma de Barcelona, onde participou na creación da Aula de Teatro, da Sala Beckett, e do centro de investigación e experimentación creado na mesma cidade por José Sanchis Sinisterra. É dos autores de maior relevo das novas promocións e a súa obra foi traducida e representada en moi diferentes países. En Galicia o grupo Sarabela produciu un espectáculo a partir do texto Cama (2 por 2 para 2), con dirección de Ánxeles Cuña e estreado en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cego’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado ao L da chaira de Lleida e no límite occidental da chaira de Urgell (2.119 h [1996]). A súa economía baséase na explotación dos recursos agropecuarios. Cultívase trigo, millo e árbores froiteiras, e na gandería destaca o porcino, o ovino, e especialmente o bovino para a produción de leite. As actividades industriais redúcense á transformación dos produtos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo norteamericano. Membro do grupo Ash Can School, cultivou un expresionismo violento, derivado das pinturas negras de Goya e baseado en temas de boxeo, a súa antiga afección. Colaborou na exposición Armory Show (1913), feito que lle fixo evolucionar cara a un estilo de base xeométrica máis lírico e colorista. Nos anos finais da súa vida dedicouse ao retrato. Escribiu Both members of this Club (Os dous membros deste club, 1909) e Stag at Sharkey’s (Solteiro en Sharkey´s, 1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e guionista. En 1979 trasladouse a Nova York onde estudiou teatro baixo a dirección de Lee Strasberg. De regreso á Arxentina, fundou e dirixiu o teatro Globo. Traballou con actores recoñecidos no ámbito internacional como Julie Christie e Marcello Mastroianni. Entre a súa filmografía destacan Momentos (1981), Camila (1985), candidata ao Oscar, e De iso no se habla (1993).
VER O DETALLE DO TERMO