"SF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 419.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Membro do Partido Nacionalista Vasco, o que presidiu en 1933. Ao estoupar a Guerra Civil Española (1936-1939) foi ministro da Gobernación do goberno vasco. Formou parte do goberno vasco no exilio ata 1952. En 1977 volveu clandestinamente a Euskadi e en 1979 foi elixido deputado pola coalición Herri Batasuna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Transistor onde o efecto de campo se aplica a través dunha estrutura metal-óxido-semicondutor. OBS: Tamén recibe o nome de IGFET (Isolated Gate FET).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carballeira declarada Reserva da Biosfera o 9 de novembro de 2000, e Reserva Natural Integral desde 2002. Está situada nos concellos de Cangas de Narcea e Ibias, no Principado de Asturias, e ocupa unha superficie aproximada de 5.643 ha. A vexetación, un dos seus principais atractivos, está constituída principalmente por carballo albar (Quercus petraea), acompañado en menor medida de bidueiro (Betula alba), faia (Fagus sylvatica), acivro (Ilex aguifolium) e teixo (Taxus baccata); tamén abundan os liques, dos que hai máis de mil especies. Respecto á fauna, pódense localizar especies ameazadas como a pita do monte (tetrao urogallus), o oso pardo (Ursus arctos) e o lobo (Canis lupus), xunto a outras especies máis abundantes como o xabaril (Sus scrofa), o raposo (Vulpes vulpes), o gato do monte (Felix silvestris), a marta (Martes martes), a londra (Lutra lutra) ou o peto mediano...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arsenical orgánico que se presenta en forma de pos amarelos e se oxida en presenza de aire, razón pola que se conserva en ampolas de vidro nunha atmosfera inerte. Emprégase en medicina como antisifilítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ámbito de entendemento, nalgúns sistemas filosóficos, xeralmente de carácter cosmolóxico, entendido como a unidade suprapersoal e imaxinada a miúdo como unha entidade real e viva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Película dirixida por F. W. Murnau en 1922 e protagonizada por Max Schreck e Alexander Granach. Considerada a primeira película de terror do cine mudo, trata o tema do vampirismo baseándose na obra Drácula (1897), de Abraham Stoker.
-
GALICIA
Político, xurista e xornalista. Militou e desempeñou altos cargos na dirección da Juventud Federalista, rama xuvenil do Partido Republicano Federal. Foi inspirador e redactor do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico, así como un gran defensor do federalismo galego. Dirixiu o diario La República (1884-1885) e defendeu a democracia republicana e o federalismo autonomista como forma de estado. Escribiu Los derechos individuales son legislables? e El Parlamentarismo (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embrión típico dos platihelmintos cestodos, da subclase dos eucestodos, que se atopa rodeada dunha pequena masa xelatinosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óvulo ou gameto feminino inmóbil, de maior tamaño que o gameto masculino, especialmente en algas e fungos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de diferentes fosfatos de alcohois polihidroxílicos, como o glicerol, o etilenglicol, o sorbitol, o manitol e outros, que se empregan como fertilizantes. Presentan unha excelente solubilidade, que lles permite penetrar ata as capas profundas do solo e actuar sobre as raíces das plantas.
-
-
Aplícase ao composto orgánico que contén fósforo dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas que actúan inhibindo a colinesterase, enzima que hidroliza a acetilcolina.
-
Nome xenérico dos compostos orgánicos que teñen fósforo como constituínte. Son empregados como plastificantes, fertilizantes e insecticidas. A súa vida media é moito máis curta ca a dos organoclorados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
fosfato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido fosfórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido fosforoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano sensitivo asociado aos ctenidios que teñen os moluscos na cavidade paleal. Está formado por células epiteliais alongadas, entre as que hai células sensoriais ciliadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa da atmosfera terrestre, que se sitúa aproximadamente entre os 30 e os 60 km por enriba da superficie, que contén unha gran concentración de ozono. Esta capa exerce a función dun parasol que protexe a Terra absorbendo as radiacións ultravioleta de onda máis curta que chegan do Sol. Na década de 1960 comezouse a observar unha diminución no espesor desta capa polo uso indiscriminado de clorofluorocarbonos (CFC) en refrixerantes e propelentes, que supuxo a aparición dun buraco enriba da Antártida.
-
PERSOEIRO
Escritor e prelado italiano. Foi nomeado cardeal en 1659 polo Papa Alexandre VII. Escribiu numerosas obras literarias, filosóficas, teolóxicas e históricas, das que destaca a traxedia Ermenegildo (1644), Istoria del concilio di Trento (1656-1657), unha xustificación da política da Igrexa católica na época; e o estudo Trattato dell’arte e dello stile del dialogo (1662).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que cataliza a hidrólise do pirofosfato, desdobrándoo e dando dous moles de ortofosfato.
-
-
Aplícase a calquera sal do ácido pirofosfórico.
-
Anión de fórmula P 2 O 7 4- . O anión pirofosfato forma complexos estables co Fe (III) e actúa como un enmascarante deste catión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oxoácido do fósforo, obtido por quecemento a máis de 200°C do ácido ortofosfórico. OBS: Ttamén se denomina ácido difosfórico.