"Uma" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 364.

  • Nome checo da selva de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei hitita (1380?-1346? a C), fillo de Tud)alias III. Foi o monarca máis importante do país dos hatti, por razón das súas conquistas en Siria, feitas a expensas de Exipto e, sobre todo, de Mitanni. Contra este último reino e o seu monarca Tušratta librou dúas guerras. Como resultado da primeira (1365? a C), Siria entrou na zona de influencia hitita e no transcurso da segunda (1360? a C), ocupou Waššuganni, capital de Mitanni, o que significou a fin deste grande estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político laosiano. Venceu nas eleccións de 1951 e 1955 co partido progresista. En 1958 formou un goberno de coalición, que caeu a causa das presións dos clans dereitistas e, aínda que en 1960 volveu ocupar o posto de primeiro ministro, foi derrocado por outro golpe de estado. Presidiu un novo goberno de coalición co seu medio irmán, Sufanuvong (1962), que fracasou en 1964. Un novo golpe de estado prooccidental mantívoo como primeiro ministro e, despois de facerse co poder o Pathet Lao (1975), exerceu como conselleiro do novo goberno comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador noruegués. Realizou expedicións a Groenlandia con F. Nansen (1888) e á Terra de Francisco Xosé (1894-1896), como capitán do buque Fram. Descubriu e cartografou numerosas illas, entre elas as que se inclúen no arquipélago Sverdrup. Explorou o mar de Kara e os esteiros do Obi (1914) e do Ienisei (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tarahumaras ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo tarahumara.

    3. Pobo amerindio que habita na zona montañosa dos estados de Chihuahua, Sonora e Durango (México).

    4. Lingua uto-azteca do phylum amerindio que fala o pobo tarahumara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai milagres ou cousas marabillosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade de facer milagres ou cousas marabillosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á taumaturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Migración estacional, propia de moitas especies de animais, especialmente do gando que, para aproveitar ao máximo a estacionalidade dos pastos percorren, normalmente conducidas polo home, grandes extensións de terreo desde as chairas cara ás rexións montañosas e viceversa. É un fenómeno común en todas as rexións da zona mediterránea, así como no Cáucaso, en Asia central e nos Andes. A súa orixe en España remontouse á época visigoda, aínda que deu o pulo definitivo durante o s XIII, que se materializou coa creación do Honrado Concejo de la Mesta. Despois da súa desaparición, en 1836, foi pouco a pouco substituída pola gandaría estabular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á transhumancia.

    2. Que transhuma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar os rabaños dunha terra a outra efectuando a transhumancia.

    2. Cambiar periodicamente de lugar unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferida ou lesión local que está producida por unha violencia exterior.

    2. Experiencia ou acontecemento, físico ou psíquico, que produce unha ferida ou unha importante perturbación neuropsíquica. OBS: Tamén se denomina trauma psíquico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao trauma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lesión interna ou externa que está provocada por unha violencia exterior.

    2. Estado do organismo que está afectado por unha ferida ou contusión grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar un trauma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ferida’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en traumatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que estuda os traumatismos e os seus efectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entrada e saída ruidosa do aire a través do orificio dunha ferida torácica que comunica a pleura co aire exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio de posición dos núcleos das células próximas a unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO