transhumancia
transhumancia
(
s
f
[GAN]
Migración estacional, propia de moitas especies de animais, especialmente do gando que, para aproveitar ao máximo a estacionalidade dos pastos percorren, normalmente conducidas polo home, grandes extensións de terreo desde as chairas cara ás rexións montañosas e viceversa. É un fenómeno común en todas as rexións da zona mediterránea, así como no Cáucaso, en Asia central e nos Andes. A súa orixe en España remontouse á época visigoda, aínda que deu o pulo definitivo durante o s XIII, que se materializou coa creación do Honrado Concejo de la Mesta. Despois da súa desaparición, en 1836, foi pouco a pouco substituída pola gandaría estabular.