"Vas" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 331.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (6.302 km2; 261.005 h [2004]). A súa capital é Västerås.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é amplo ou extenso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (23.942 km2; 1.521.895 h [2004]). A súa capital é Göteborg.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués. De orixe xudía, estivo activo na corte de don Denís, a mediados do s XIV. Consérvanse fragmentos de dúas cantigas de amor que, pola súa temática, métrica e estilo, poden considerarse de introdución tardía nos cancioneiros trobadorescos. Destaca a cantiga “Moyr’, e faço dereyto”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante. Coñecida como Pili Pampín, editou os discos As Palilleiras (1991), Miña Galicia (1992), Canto para ti (1993), Galicia Sempre (1994), Gratitud (1996) ou Noites de festa (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. Ideólogo do populismo liberal, postulou a imposibilidade do desenvolvemento do capitalismo en Rusia, debido á falta de mercados exteriores e, polo tanto, pola imposibilidade de obter unha certa plusvalía. Era partidario da pequena produción e do pequeno comercio, e idealizou a obščina labrega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de ballet. Coñecido como coronel Wassili de Basil, en 1932 formou a compañía dos Ballets Rusos de Montecarlo, xunto con René Blum. En 1936 abandonou Montecarlo e a súa compañía tomou o nome de Ballets Russes du Colonel de Basil (1936-1939) e o de Original Ballet Russe (1940-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de etimoloxía escura que podería proceder do xermánico gaira-hwas ou gaira-bald ‘arriscado coa lanza’.
-
PERSOEIRO
Mártir, irmán xemelgo de san Protasio e fillo de san Vidal e santa Valeira. Xunto co seu irmán, vendeu os seus bens e distribuíunos entre os pobres. Convertidos, morreron en tempos de Nerón. Santo Ambrosio atopou os seus corpos en 386. Represéntase co flaxelo e a espada. A súa festividade celébrase o 19 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Foi un dos introdutores do Renacemento na Península Ibérica. Traballou no retablo maior da catedral de Ávila (1508) e realizou monumentos funerarios, entre eles, o de Alonso de Madrigal (1518), coñecido como El Tostado, na mesma catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político grego. Participou nos diversos pronunciamentos militares entre 1922 e 1926. Durante a Segunda Guerra Mundial fundou e dirixiu o EDES e despois ELAS. Reincorporado ao exército cos seus homes durante o goberno de Tsaldaris (1946), fundou o partido nacionalista e, xa reinstaurada a monarquía de Xurxo II, foi ministro de Interior (1947) e de Obras Públicas (1950-1952).
VER O DETALLE DO TERMO