Xervasio, san

Xervasio, san

Mártir, irmán xemelgo de san Protasio e fillo de san Vidal e santa Valeira. Xunto co seu irmán, vendeu os seus bens e distribuíunos entre os pobres. Convertidos, morreron en tempos de Nerón. Santo Ambrosio atopou os seus corpos en 386. Represéntase co flaxelo e a espada. A súa festividade celébrase o 19 de xuño.