"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade política catalá constituída o 6 de abril de 1914 pola unión das catro deputacións provinciais catalanas. O presidente foi Enric Prat de la Riba. As bases legais da Mancomunitat decretáronse o 18 de decembro de 1913 e autorizábase a unión de provincias do estado español para fins exclusivamente administrativos. A organización político-administrativa da Mancomunitat baseábase en tres órganos fundamentais: a asemblea xeral, o consello permanente e a presidencia. A asemblea era soberana e estaba composta por todos os deputados das catro provincias. Foi disolta en 1925 polo xeneral Primo de Rivera.
-
CIDADES
Cidade do estado de Karnātaka, India, situada en Deccan Plateau, ao S do estado (119.970 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san Xosé Manyanet.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (590 km2; 241.354 h [1995]). A súa capital é Masaya (88.971 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ken de Ehime, situada ao NO da illa Shikoku, Xapón (466.133 h [1997]). É un importante centro comercial con industrias mecánicas, químicas, papeleiras e sobre todo téxtiles. Posúe unha refinería de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á dinastía maurya.
-
Membro da dinastía india fundada en Magadha cara a 320 a C por Chandragupta Maurya, que se apoderou de Pāṭaliputra despois de matar o derradeiro descendente dos nandas. O membro que máis destacou desta dinastía foi Aśoka, que propagou o budismo por India. A dinastía foi derrotada por Pusyamitra (185 a C).
-
-
MONTAÑA
Cadea montañosa situada no centro de Belize e que deriva cara ao interior de Guatemala. Acada as súas máximas altitudes no S, no Victoria Peak, con 1.120 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forza máxica no pensamento hindú propia do demo malfeitor que emana da única realidade transcendental, o ātman-brahman, ao que se opón.
-
CIDADES
Cidade e porto de Puerto Rico, situada ao O da illa (100.371 h [1990]). Foi fundada en 1760 co nome de Nuestra Señora de la Candelaria de Mayagüez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito. Doutorado en Leis en València (1722), exerceu como catedrático nesa universidade (1723). Posteriormente foi bibliotecario (1733-1740) do Palacio Real en Madrid. Estudioso das ciencias humanas en xeral, centrouse en temas literarios e lingüísticos, que plasmou en Vida de Cervantes (1736), Orígenes de la lengua española (1737) e Retórica (1757).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi alcalde maior de Ferrol (1835), xuíz en Madrid (1836) e maxistrado en Zaragoza (1837). Foi deputado a Cortes por Ontinyent (València), ministro de Gracia e Xustiza (1843-1846) e presidente do Congreso (1848-1851). Nomeado ministro de Estado en 1854, retirouse da política durante o Bienio Progresista (1854-1856), ata que volveu ser ministro de Gracia e Xustiza (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Trinidad e Tobago, que actualmente forma parte de Nariva-Mayaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ya Palatino; ḥ yà ibn Ismā’īl al-Ma’mūn.
-
REXIÓNS
Rexión de Tanzania (60.350 km2; 1.742.000 h [estim 1994]). A capital é Mbeya (152.844 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo mbyá ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo mbyá.
-
Pobo indíxena de Arxentina que habitaba na zona de Chaco e empregaba o cabalo desde finais do s XVI. Posuía unha sociedade estratificada, cun grupo de xefes ou nobres, outro de habitantes comúns, e un terceiro de prisioneiros, que se podían integrar como membros de pleno dereito da tribo dependendo do seu valor. Enfrontáronse cos colonizadores pero foron masacrados e os supervivintes retiráronse dos seus territorios e integráronse noutros grupos desde finais do s XVII.
-
Lingua do phylum amerindio que fala o pobo mbyá.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de India (22 489 km2; 2.306.069 h [2001]). Creouse en 1968, cunha parte do territorio de Assam. A súa capital é Shillong.
-
PERSOEIRO
Escritor xudeu. É autor de poesías de tema relixioso e profano en hebreo e dun comentario sobre os tratados do Talmud.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, lexicógrafo e gramático hebreo. Residiu en Córdoba e estivo baixo o mecenado de I Palatino; ṣḥ aq ibn Šaprut e do seu fillo Hasday. Dedicouse aos estudos gramaticais e redactou o Mahberet, primeiro léxico bíblico completo en hebreo. A súa obra poética fundamental foi unha carta rimada de estilo bíblico que escribiu no cárcere.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Foi profesor no Collège de France, desde 1876, e director do École des Chartes, desde 1882. Fundou, con Gaston Paris, a revista Romania (1872), onde publicou diversos textos medievais franceses e occitanos. Da súa produción destaca Les derniers troubadours de la Provence (1872) e La Chanson de la croisade contre les Albigeois (1875-1879). Foi membro da Académie des Inscriptions et Belles Lettres (1884).
VER O DETALLE DO TERMO