maurya*
maurya*
(< antropónimo Chandragupta Maurya)
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía maurya.
-
s
f
[HIST]
Membro da dinastía india fundada en Magadha cara a 320 a C por Chandragupta Maurya, que se apoderou de Pāṭaliputra despois de matar o derradeiro descendente dos nandas. O membro que máis destacou desta dinastía foi Aśoka, que propagou o budismo por India. A dinastía foi derrotada por Pusyamitra (185 a C).