Maus de Salas, Santa Baia das

Maus de Salas, Santa Baia das

Igrexa parroquial situada en Muíños. Dunha soa nave, presenta unha fachada con porta arquitrabada e unha pequena fiestra, rematada por un frontón. No cumio destaca unha espadana cun corpo de arcos peraltados. O presbiterio, máis elevado ca o resto, ten a sancristía adxunta.