Maus de Salas, necrópole das

Maus de Salas, necrópole das

Grupo de monumentos megalíticos situado en Muíños, datados cara a 2600 a C. Destacan dous dolmens coñecidos como Casiña da Moura e Casola do Foxo. O primeiro trasladouse da súa localización orixinal e conserva unha cámara funeraria de forma poligonal cun corredor de tipo curto. Está formado por sete chantas e a tampa, ao igual ca a Casola do Foxo, que presenta cámara poligonal simple e cuberta. Neste lugar localizaouse un enxoval, do que destacan os restos de cerámica campaniforme.

Palabras veciñas

Maury, Matthew Fontaine | maurya* | Maus de Salas, As | Maus de Salas, necrópole das | Maus de Salas, Santa Baia das | Maus, As | mauser