"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación aplicada a diversas doutrinas partidarias da restrición da natalidade ao considerar que o exceso de reprodución é responsable da miseria e da fame. A máis notable destas doutrinas é o maltusianismo. O antinatalismo é un sentimento propio das clases medias e, polo tanto, máis forte nos medios urbanos e nos países industrializados, onde provoca un avellentamento demográfico. A política antinatalista limita os nacementos mediante o aborto, os métodos anticonceptivos ou a esterilización, co obxectivo de reducir a miseria e aumentar o benestar material dos cidadáns. Nos países asiáticos, con elevadas taxas de natalidade e problemas de superpoboación, os gobernos son abertamente antinatalistas e adoptan medidas para evitar os nacementos: retraso da idade legal para contraer matrimonio, campañas de esterilización (India), penalizacións fiscais ás familias numerosas (política do fillo único na China). Polo xeral as campañas antinatalistas baseadas na difusión e o emprego...
-
-
Relativo ou pertencente ao antinatalismo.
-
Partidario ou seguidor do antinatalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario ao que é natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Faro adicional dun vehículo que se utiliza para minguar o efecto da néboa ou da chuvia sobre a visibilidade do condutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
anticanceroso.
-
-
Que combate a neuralxia.
-
Medicamento que combate a neuralxia.
-
-
-
Que prevén ou combate a inflamación dun nervio.
-
Nome xenérico dos axentes que combaten a neurite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a antipartícula dun neutrino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a antipartícula do neutrón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun sistema óptico, cada un dos dous puntos conxugados do eixe principal, de xeito que calquera raio que pase polo primeiro (punto antinodal obxecto) sae do sistema pasando real ou virtualmente polo segundo punto (punto antinodal imaxe), formando co eixe un ángulo igual ao que forma no punto obxecto, aínda que de signo contrario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos puntos de desprazamento máximo nun sistema de ondas estacionarias. Os antinodos, chamados tamén ventres, están separados dos nodos un cuarto de lonxitude de onda.
-
-
Contradición real ou aparente entre dúas leis ou entre dous preceptos dunha mesma lei. Cando a contradición é irredutible, o intérprete debe considerar non escrito o precepto contrario aos principios xerais do sistema xurídico en cuestión, ou ben anular os dous e cualificar a situación como un caso de lagoa legal.
-
Contradición entre dúas proposicións que, consideradas illadamente, teñen tantas razóns xustificadoras unha coma a outra. Kant formulou catro antinomías que implican a crítica á metafísica tradicional: eternidade e infinidade do mundo, natureza da substancia, existencia dun determinismo universal e existencia dun ser absolutamente necesario.
-
paradoxo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao antinomismo ou aos antinomianos.
-
Seguidor do antinomismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á antinomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que ensina que pola graza de Xesucristo un ser humano queda liberado da obriga de seguimento de calquera lei moral. Baseada nos textos de Paulo referentes á abolición da lei antiga e á xustificación pola fe, afectou a algunhas sectas agnósticas como os nicolaítas e os ofitas, e reapareceu coa reforma protestante.
-
PERSOEIRO
Mozo grego escravo do Emperador Adriano. Ao saber que un oráculo ameazara de morte ao seu amo, sacrificou a súa vida afogándose no Nilo co gallo de salvalo. Adriano consagroulle unha cidade, Antinoópolis, sobranceira pola súa cantidade de estatuas, e posteriormente divinizouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Antínoo Cidade de Exipto da época romana. O emperador Adriano erixiuna no ano 130 e deulle este nome en memoria de Antínoo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas da familia das poáceas. Existe unha especie perenne en Galicia, a A. agrostidea, que se atopa de forma común en lugares húmidos. Ocasionalmente é acuática e presenta follas flotantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade narrativa desenvolvida no século XX que se caracteriza pola subversión dos esquemas da novela tradicional. Este tipo de ficións privilexia a forma do discurso fronte á anécdota e incorpora novos modos de analizar a realidade a través dunha estrutura fragmentada e aberta á intervención do lector, da desorganización espacio-temporal, da falta dunha temática coherente e da difuminación da figura do personaxe. Fronte á omnisciencia editorial tradicional predomina o obxectivismo do narrador, que renuncia a interpretar a interioridade do personaxe e só amosa a súa exterioridade. A antinovela pode asociarse co Noveau Roman francés, a New Fition norteamericana ou co movemento da Nova Narrativa galega.