"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada 20 km ao N de Bos Aires (256.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Etiopia, limítrofe con Eritrea, que a pecha ao Mar Vermello, e comprendida entre os ríos Mareb ao N e Takkaze ao S (65.700 km2; 3.593.000 h [estim 1999]). Centrada na antiga capital, Axum, na actualidade, constitúe unha rexión administrativa de Etiopia, con capital en Mekele (119.79 h [1994]). A lingua desta rexión é o tigriña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mamífero carnívoro, de ata 3 m de lonxitude total, que presenta a pel avermellada, excepto a da parte interna das patas e as partes inferiores e frontais do corpo, que son brancas, todas atravesadas por franxas anchas e escuras. Son animais de vida solitaria, os machos e as femias só se xuntan durante a época de reprodución e cazan os dous. A femia pare unha camada de un a seis cachorros que permanecen xunto á nai ata o segundo ano de idade. Teñen unha dieta variada, comen cervos, gando vacún, ras, peixes ou prea. De orixe asiática, é un formidable depredador que ocupa hábitats moi diversos, desde Siberia ata Insulindia. É o representante máis grande da familia dos félidos. A especie divídese en cinco subespecies, o tigre indochino (P.t. corbetti), o tigre de Sumatra (P.t. sumatrae), o tigre de Java (P.t. sondaica), o tigre de Siberia ou tigre siberiano (P.t. altaica) e o tigre de Bengala ou tigre indio (P.t. tigris), sendo estas últimas dúas...
-
Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.
-
-
-
Mamífero carnívoro, de ata 3 m de lonxitude total, que presenta a pel avermellada, excepto a da parte interna das patas e as partes inferiores e frontais do corpo, que son brancas, todas atravesadas por franxas anchas e escuras. Son animais de vida solitaria, os machos e as femias só se xuntan durante a época de reprodución e cazan os dous. A femia pare unha camada de un a seis cachorros que permanecen xunto á nai ata o segundo ano de idade. Teñen unha dieta variada, comen cervos, gando vacún, ras, peixes ou prea. De orixe asiática, é un formidable depredador que ocupa hábitats moi diversos, desde Siberia ata Insulindia. É o representante máis grande da familia dos félidos. A especie divídese en cinco subespecies, o tigre indochino (P.t. corbetti), o tigre de Sumatra (P.t. sumatrae), o tigre de Java (P.t. sondaica), o tigre de Siberia ou tigre siberiano (P.t. altaica) e o tigre de Bengala ou tigre indio (P.t....
-
Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua semítica do phylum afroasiático que se fala no norte de Etiopia e en Eritrea, onde é lingua oficial.
-
RIOS
Río de Asia anterior de 1.950 km de lonxitude. Nace en Anatolia, nas vertentes do Tauro, e despois duns 400 km en territorio turco, forma fronteira entre Turquía e Siria e penetra en Iraq por unha vasta depresión. Baña Tikrīt e Sāmarrā’ e penetra na chaira de Mesopotamia. Augas abaixo de Bagdad, recibe o Diyālā procedente dos montes Zagros e únese ao Éufrates en Al-Qurna e forma o Shatt al-’Arab, que leva as augas de ambos os dous ríos ao Golfo Pérsico. O seu caudal é abundante (ten unha media de 1.240 m3/s), grazas aos numerosos tributarios que lle subministran as augas de Kurdistán e Zagros. O seu réxime caracterízase polas enchentes de primavera, a causa do desxeo, con forte estiaxe no verán. A súa importancia provén do aproveitamento para o regadío, que permite cultivos de trigo, cebada, leguminosas, dátiles e outras froitas. A partir do terceiro milenio a C os asirios fundaron na súa ribeira cidades importantes (Assur, Nínive e Nimrud) e construíron...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arte de deseñar, compoñer e imprimir textos mediante tipos móbiles. Desde o punto de vista do deseño, a tipografía distínguese do grafismo tanto pola limitación dos seus medios como pola súa “neutralidade” respecto ao texto; mentres que o grafismo reforza o impacto psicolóxico do texto mediante unha gama moi variada de recursos, a tipografía limítase a vehiculalo dunha maneira totalmente imparcial. O libro é por excelencia o obxecto de deseño tipográfico. No que respecta á composición, existen dúas grandes estéticas tipográficas: a simétrica clásica, desde os primeiros tempos da imprenta, e a asimétrica, que naceu cara a 1890-1905 co movemento da Freie Richtung, modernista e desenvolvida principalmente a partir dos experimentos do Baubaus alemán, cuxo primeiro texto doutrinal importante foi o Elementare Typographie, de J. Tscnicnoid (Leipzig 1925). Tres tradicións de escritura contribuíron a elaborar os tipos de imprenta do alfabeto latino: a letra gótica, a humanística e a capital...
-
-
Procedemento de impresión con formas que conteñen, en relevo, os tipos e os gravados que, despois de tintados, son aplicados a presión sobre o papel. As operacións da impresión topográfica son: a composición, manual ou mecánica, a tirada de probas, a corrección de probas, a corrección tipográfica, a obtención de clixés para fotogravado, a compaxinación, a imposición da forma, a tirada de segundas probas, a segunda corrección tipográfica, a regulación da tintada e a tirada.
-
Taller onde se imprime por tipografía.
-
Taller onde se fan traballos de imprenta.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á tipografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se encarga de corrixir ou compoñer os textos antes da impresión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento que trata a combinación da tipografía e litografía e aplícase normalmente a tiradas de impresos pequenos, por exemplo etiquetas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que foi coñecida a cidade de Podgorica entre 1945 e 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición e estudo dos partos.
-
PERSOEIRO
Primeiro soberano selxúcida (1038?-1063), neto de Sel ǧ ūq ibn Duqāq e irmán de Čagri Beg. Comandou as tribos o ǧ uz que, establecidas en Corasmia, venceron os gaznévidas e apoderáronse de Nīšāpūr (1038?). Conquistou Esfähān aos buwayhís (1051) e, despois de ser nomeado sultán (1055) polo mesmo califa en Bagdad, aniquilou a dinastía buwayhí. Sucedouno o seu sobriño Alp Arslān.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal de Mongolia. Divídese en 100 möngö.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Holding empresarial creado (1986) e presidido por Roberto Tojeiro Díaz tras a fusión de varias empresas de alimentación e madeira. Distribúe produtos alimenticios, madeira, electrodomésticos, comida rápida, parqué, colas e combustibles, e entrou tamén no campo dos fertilizantes, da produción enerxética e dos transportes.
-
-
Técnica radiolóxica en que se obteñen imaxes que existen nun plano determinado. A súa finalidade é mostrar os detalles nese plano do corpo e prescinden das imaxes das estruturas noutros planos.
-
Técnica que se basea na imaxinaría electrónica, non óptica, mediante a que se poden obter imaxes radiográficas de calquera sección plana do corpo humano. O procedemento consiste en facer pasar a través do corpo do paciente un feixe de raios X que son recollidos por unha serie de captadores electrónicos que están situados na outra banda do corpo. A intensidade do raio recibido polos captadores, que dependen da densidade dos tecidos que atravesan, xera unha corrente eléctrica proporcional a esta que é diferente para cada posición do emisor. Esta información é sintetizada por un ordenador que proporciona directamente unha imaxe sobre a pantalla dun monitor de televisión, pero tamén pode ser fixada, se convén, sobre película fotográfica.
-
Técnica de diagnose que se basea na imaxinaría electrónica, non óptica, mediante a que se poden obter imaxes de seccións tomográficas do organismo utilizando moléculas radioactivas que emiten positróns. A TEP posibilita a realización de estudos funcionais, coa obtención de imaxes de actividade fisiolóxica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato de raios X que serve para realizar tomografías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período do Oligoceno Inferior que, en parte, pode pertencer ao Eoceno Superior.
-
-
Técnica que determina a forma e as dimensións dun terreo ou lugar da superficie terrestre para representar graficamente as súas características físicas. Así, elabóranse os mapas topográficos,represetacións gráficas das características físicas da superficie, que se denominan planos topográficos se o terreo representado é de pouca extensión. As súas principais aplicacións son a navegación, tanto marítima como aérea, a construción de canais e estradas, as operacións militares, a determinación das superficies agrarias ou o catastro. Unha das súas operacións fundamentais é o levantamento topográfico, co que se determina a posición relativa dunha serie de puntos do terreo, escollidos previamente, e, dunha maneira xeral, consta de dúas fases: unha que serve para determinar a proxección horizontal dos puntos escollidos sobre un plano de referencia (ademais doutros puntos de referencia dunha rede xeodésica), levantamento planimétrico, e outra, que determina a...
-
Descrición dunha parte ou dunha rexión anatómica determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á topografía.