Tigre
Tigre
Rexión histórica de Etiopia, limítrofe con Eritrea, que a pecha ao Mar Vermello, e comprendida entre os ríos Mareb ao N e Takkaze ao S (65.700 km2; 3.593.000 h [estim 1999]). Centrada na antiga capital, Axum, na actualidade, constitúe unha rexión administrativa de Etiopia, con capital en Mekele (119.79 h [1994]). A lingua desta rexión é o tigriña.