"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • (Metz 586 - 612) Rei de Austrasia ou Metz (595-612), fillo e sucesor de Xildeberto II. Comezou o reinado baixo a tutela da súa avoa, Bruniquilda, e desde 596 baixo a influencia dos magnates do reino. O seu irmán, Teodorico II de Bourgogne, empurrado por Bruniquilda, apoderouse do reino e, en 612, derrotouno en Toul e preto de Zülfich. Foi apresado e condenado a morte xunto co seu fillo Meroveo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede de Theodemirus, latinización medieval do antigo xermánico, composto de thiuda ‘pobo’ e mers ‘famoso’, co resultado de ‘famoso entre o pobo’. Presenta a variante Teodomiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Iria Flavia (?-847). Segundo a tradición xacobea, descubriu a tumba co corpo do Apóstolo Santiago entre 820 e 830. Coa axuda do Rei Afonso II iniciou a construción dunha edícula sobre o sepulcro do apóstolo, orixe da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei suevo (559-570). Ao comezo do seu mandato deixou o arianismo e converteuse ao catolicismo. Durante o seu reinado celebrouse o Concilio de Braga (561), e segundo a lista de bispos presentes, o seu reino comprendía a actual Galicia, a parte occidental de León e a metade norte de Portugal. Sucedeuno o seu fillo Mirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado filosófico sobre a divindade que está considerada como parte da metafísica, como continuación e concreción da ontoloxía. O termo foi creado por Leibniz que, ao ocuparse de Deus, cría primordial xustificar o feito de que Deus creou un mundo onde está o mal. Afirmou, inicialmente, que o mal non é senón unha falta do ben e, despois, que este defecto é só imputable ao home. Se Deus permite o mal é porque serve para a nosa mellora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos longobardos, filla de Garibaldo, duque de Baviera. Católica, casou en 589 en Verona con Autario, rei dos longobardos, que era ariano. Morto este (590), casou con Axilulfo, duque de Turín, quen, convertido en rei dos longobardos (602) fixo bautizar no catolicismo ao seu fillo Adaloaldo, pola súa influencia. Morto Axilulfo (615), gobernou o reino en nome do seu fillo, ata que este foi envelenado polos arianos en 627.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de precisión que consta dunha serie de lentes graduadas que permiten a medición de ángulos nos planos horizontal e vertical. Emprégase fundamentalmente en topografía, e tamén para determinar as coordenadas horizontais dos astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente. Xustiniano I, cando aínda non era emperador, namorouse dela e converteuna na súa amante ata que casaron e, en 527, ao converterse en emperador, fixo que a coroasen emperatriz. Dona dunha gran firmeza, impediu que Xustiniano cedese e abdicase ante a revolta da Nika en 532, e enviou o xeneral Belisario a sufocala. Favorable aos monofisitas, conseguiu que as sedes patriarcais fosen ocupadas por estes e que en Roma fose elixido papa Vixilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente, muller do Emperador Teófilo. Á morte deste exerceu a rexencia (842-856) en nome do seu fillo Miguel III. Contra a derradeira vontade do seu marido, iconoclasta, favoreceu abertamente a ortodoxia: perseguiu os paulicianos e convocou un sínodo en marzo de 843, que restableceu o culto das iconas. Durante o seu goberno, o Islam tomou Sicilia a Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente (1028 e 1042-1056), filla pequena de Constantino VIII. Á morte do seu pai foi asociada ao trono coa súa irmá Zoé. Desamigada con esta e co seu marido, Román III, foi pechada nun mosteiro. En 1042, á caída do Emperador Miguel V, foi chamada polo Senado a compartir o trono con Zoé, que casou entón con Constantino IX e a deixou nun segundo plano. Non gobernou plenamente ata despois da morte de Zoé (1050) e de Constantino IX (1055).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Ciro. Amigo de Nestorio, foi voceiro do grupo de Antioquía contra os partidarios de Cirilo de Alexandría e representaba a corrente moderada. Deposto no latrocinio de Éfeso (449), foi reintegrado por León I e admitido polo Concilio de Calcedonia (451) entre os doutores ortodoxos. Unha parte dos seus escritos foron condenados polo Concilio de Constantinopla (553).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo francés. Mestre e chanceler da escola catedralicia de Chartres, foi un dos principais representantes do platonismo medieval. Elaborou unha doutrina teolóxica sobre a unidade-multiplicidade en que Deus inclúe todas as formas e é a forma essendi de todos os seres. Autor dun manual de artes liberais, Heptateuchon, representou certo ideal humanístico de cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos visigodos (419-451), neto de Alarico I. Sucedeu a Valia. Rompeu o pacto que o ligaba a Roma polo que lle era recoñecido o goberno de Aquitania, e asediou, sen éxito, Arlés (425) e Narbona (436), vilas que defendeu o xeneral Aecio. Venceu, non obstante, en Tolouse. Casou unha filla súa con Humerico, fillo e herdeiro do rei dos vándalos Xenserico, e, en 449, outra co rei dos suevos Requiario. Finalmente aliouse con Aecio contra Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia, con capital en Reims e Metz (511-534), fillo maior de Clodoveo I. En 507 loitou en Vouillé ao carón do seu pai e seguidamente someteu Albigés, Roergue e Alverina (507-508), que engadiu á súa parte da herdanza, que comprendía a rexión dos ripuarios, o val do Mosela, a futura Champagne, os francos da dereita do Rin e os alamanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 454? - 526) Rei dos ostrogodos (474-526), fillo e sucesor de Teodomiro. En 462 foi enviado como refén a Constantinopla, e, en 488, o Emperador Zenón enviouno contra Odoacro. Invadiu Italia e, en 494, despois de ocupar Ravenna, considerouse rei dos ostrogodos e dos romanos, e foi recoñecido como tal polo Imperio de Oriente en 498. En 511 asumiu a rexencia da monarquía visigoda como titor do seu neto Amalarico, e conseguiu facerlle superar a crise sufrida pola derrota e a morte de Alarico II e a intromisión de Xesaleico. Gobernou con prudencia e embeleceu Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (453-466), fillo de Teodorico I. Irmán e sucesor de Turismundo, participou no asasinato deste. Renovou o pacto federal cos romanos e por encargo deles actuou contra a Tarraconense (454) e contra os suevos (456). Posteriormente loitou contra os romanos, sitiou Arlés, ocupou Narbona (462) e incorporou aos seus dominios a Galia narbonesa. Foi asasinado polo seu irmán e sucesor Eurico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Borgoña (595?-613) e de Austrasia (612-613), fillo de Khildeberto II, sucedeu a este en Borgoña. Estableceuse en Orléans e comezou a reinar baixo a titoría da súa avoa Bruniquilda, que residía en Metz co seu irmán maior Teodoberto II de Austrasia. En 610 tentou invadir Alsacia e tivo fortes loitas co seu irmán Teodeberto II, que venceu en Toul en 612 e así se coroou rei de Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Borgoña (673 e 675-691) e de Austrasia (679-691), irmán e sucesor de Clotario III. Durante moitos anos foi pupilo do mestre de palacio Ebroín, quen o impuxo como rei de Neustria á morte do seu irmán. Deseguido foi deposto pola nobreza. Morto Khilderico II de Austrasia en 657, volveu ser nomeado rei, pero Ebroín derrotouno e opúxolle ao seu fillo Clodoveo III. Chegaron a un entendemento e Ebroín protexeuno de novo e impúxoo en Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santo (Tarso, Cilicia 602 - Canterbury 690) Arcebispo de Canterbury. Formado en Siria e Atenas, foi a Roma, como monxe, onde, en 668, foi consagrado inesperadamente arcebispo de Canterbury polo Papa Vitaliano. Organizou e engadiu oito sés ás catro que tiña e obtivo a obediencia do bispo de York Wilfrido. A súa festividade celébrase o 19 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO