Teodeberto II de Austrasia ou Tiberto II
Teodeberto II de Austrasia ou Tiberto II
(Metz 586 - 612) Rei de Austrasia ou Metz (595-612), fillo e sucesor de Xildeberto II. Comezou o reinado baixo a tutela da súa avoa, Bruniquilda, e desde 596 baixo a influencia dos magnates do reino. O seu irmán, Teodorico II de Bourgogne, empurrado por Bruniquilda, apoderouse do reino e, en 612, derrotouno en Toul e preto de Zülfich. Foi apresado e condenado a morte xunto co seu fillo Meroveo.