"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores, do latín dos chafoutas ou albaneis, e do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘querer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instinto dos homes e dalgúns animais de volver a un lugar, especialmente a aquel en que se criaron.

    2. Afecto por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter gana, desexo ou vontade de facer ou obter algo.

      1. Pedir unha cantidade determinada por algún produto ou servizo.

      2. Pedir ou solicitar algo. OBS: Emprégase co copretérito e co pospretérito como fórmula de cortesía.

    2. Necesitar ou ser conveniente algo que se indica.

    3. Ter pretensión de algo.

    4. Ter cariño ou amor por alguén.

    5. Haber indicios de que vai ocorrer algo, principalmente referido a un fenómeno meteorolóxico. OBS: Emprégase mediante a perífrase querer + infinitivo.

    6. Sentimento de cariño ou amor.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Querétaro, México (641.386 h [2000]). Está situada na rexión do Bajío, á beira do río Querétaro, nunha zona agrícola rica, sobre todo en froitas. As industrias están dedicadas á talla de pedras preciosas, e ao fiado e tecido de algodón. En 1867 foi fusilado nela o Emperador Maximiliano I de México. Destaca a igrexa do convento de Santa Rosa (s XVII), cun interior churrigueresco. A zona de monumentos históricos foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México, situado na rexión do Centro (11.449 km2; 1.404.306 h [2000]. A súa capital é Querétaro. O clima é tropical temperado, con escasas precipitacións. A súa economía baséase na produción de cereais, cana de azucre, tabaco, café e plátanos. A minaría destaca pola extracción de ouro, cobre, chumbo e estaño. A industria, pouco desenvolvida, concéntrase na capital do estado. Poboado orixinariamente polos otomís, estes foron conquistados en 1531, polo que logo se fundou a intendencia de Guanajuato (1786). En 1824 constituíuse o estado de Querétaro. A zona de misións franciscanas de Sierra Gorda foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, pilosa, de 3 a 7 cm de altura, con follas lineares, flores brancas, reunidas en glomérulos, de froito en cápsula monosperma, propia de lugares áridos, nas penínsulas Ibérica, Balcánica e de Crimea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de querer.

    2. Aplícase á persoa, animal ou cousa pola que se sente afecto ou amor.

    3. Aplícase á palabra coa que constitúe a fórmula para encabezar unha carta.

    4. Persoa coa que se ten unha relación amorosa ou sexual habitual fóra do matrimonio ou da parella estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anuncio de salvación, centrado na morte e resurrección de Xesús Cristo, que os enviados da Igrexa comunican aos homes de parte de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao querigma.

    2. Movemento teolóxico iniciado na década de 1930 por J. A. Jungmann e seguido por K. Rahner e M. Schmaus, entre outros. Criticando o conceptualismo e o desequilibrio da teoloxía imperante no catolicismo, propoñía centrala, con visión pastoral, nos elementos esenciais do querigma, é dicir, do anuncio histórico da salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa coa que se mantén unha relación fóra do matrimonio ou da parella estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dos inxectos homópteros de xénero Kermes, da familia dos quermésidos, duns 3 mm de lonxitude, de corpo globuloso e segmentos espiñentos, que habitan sobre diversas plantas como a aciñeira, alimentándose dos seus zumes. Da especie K. ilicis extraíase un colorante vermello.

    2. Colorante que se obtiña dos insectos de xénero Kermes.

    3. alquermes.

    4. Mineral, de fórmula S 2 Sb 2 O, que cristaliza no sistema monoclínico. É de cor avermellada e cunha exfoliación perfecta, unha dureza de 1 a 1,5, e un peso específico de 4,5. OBS: Tamén se denomina quermesita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quermésidos.

    2. Insecto da familia dos quermésidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos hemípteros, á que pertencen os quermes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quermes mineral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, crítico da arte e político. En 1884 viaxou a Roma, pensionado pola Academia de España, onde realizou o grupo escultórico Tradición, co que gañou a medalla da Exposición Nacional de 1887, o apoio de Antonio Cánovas del Castillo e diversos encargos públicos. Instalouse en Madrid a comezos de 1890 e dous anos máis tarde gañou o concurso para a realización do frontón da Biblioteca Nacional, cunha proposta alegórica clasicista. Das súas obras destacan o mausoleo aos bombeiros en La Habana (1892), o Retrato de Alfonso XIII niño (1892) e Tulia (1895). Polo grupo Sagunto recibiu a medalla de honor na Exposición Nacional de 1906. Realizou o sepulcro de Cánovas del Castillo, no Panteón de los Grandes Hombres de Madrid. Autor dos monumentos a Casto Méndez Núñez (1890) e José Elduayen (1896), en Vigo, e do monumento a Aureliano Linares Rivas (1900), na Coruña, destaca tamén a Dolorosa do retablo da capela da Misericordia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Beocia. Foi lugar estratéxico entre as rutas de Fócida e Ática. Escenario de diversas batallas, quedan restos dos muros micénicos, do teatro e de diversos templos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido amarelo que se obtén da destilación do petróleo en cru, entre 165° C e 240° C, como a división intermedia entre a gasolina e o gasóleo. Emprégase, eventualmente mesturado con gasolina, como combustible nos motores de avión a reacción e como redutor nos ergois líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Co corpo dobrado sobre as pernas e apoiando as nádegas nos talóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Bracarense, que se estableceron no SO da actual provincia de Ourense. Tiñan a súa capital en Aquis Querquennis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dada polos antigos gregos a varias penínsulas, en especial á de Crimea (Quersoneso Táurico) e Gallipoli (Quersoneso de Tracia). Posteriormente, aplicouse a Xutlandia (Quersoneso Címbrico) e á Península de Malacca (Quersoneso Asírico).

    VER O DETALLE DO TERMO