"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Infanta de España e duquesa de Montpensier, filla do Rei Fernando VII e de María Cristina das Dúas Sicilias. Casou en 1846 con Antón de Orléans, duque de Montpensier, fillo do Rei Luís Filipe I de Francia. En 1868 foi expulsada, co seu marido, por conspirar contra a súa irmá, a Raíña Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infanta de España e princesa das Dúas Sicilias, condesa de Barcelona, filla do infante Carlos de Borbón Borbón e Luísa de Orléans. Casou en 1935 en Roma con Xoán de Borbón e Battenberg. Viviu no exilio en Roma, Cannes, Lausanne e Estoril. Foi nai do Rei Xoán Carlos I.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Eslovenia, situada a ambas as dúas beiras do Drave, preto da fronteira austríaca (92.284 h [2002]). As principais actividades económicas son as industrias metalúrxica, téxtil e conserveira. Desde o s XII ata 1919, ano en que se integrou en Iugoslavia, foi capital da Baixa Estiria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área estatística de Nova Zelanda, situada na illa do Sur (39.560 h [2001]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
John Churchill.
-
PERSOEIRO
Rei dos marcomanos. Foi educado en Roma na corte de Augusto, e ao voltar á súa patria, conduciu o seu pobo de Xermania a Bohemia, onde construíu un grande imperio xermánico con finalidades antirromanas. Posteriormente entrou en litixio con Arminio e foi derrotado. Refuxiado en Italia, foi confinado en Ravenna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Bóveda. Ten planta rectangular e construíuse cara a 1772, con marcada influencia italianizante. Conserva catro escudos na fachada e solaina sobre arcos de medio punto e cuberta. Destaca o arquivo que garda a evolución da historia da casa.
-
PERSOEIRO
Escritor. Evolucionou de posturas testemuñais cara á preocupación formal, tendo sempre como marco das súas obras os ambientes barceloneses da década de 1950. Colabador asiduo co mundo do cine e da música, da súa produción destacan Últimas tardes con Teresa (Premio Biblioteca Breve 1965), levada ao cine en 1984 por G. Herralde; Si te dicen que caí (1973, Premio Internacional de Novela), La muchacha de las bragas de oro (Premio Planeta 1978), levada ao cine por V. Aranda en 1980; Ronda del Guinardó (1984), El amante bilingüe (1990, Premio Ateneo de Sevilla), El embrujo de Shanghai (1993, Premio de la Crítica e Premio Europa de Literatura 1994), levada ao cine por Fernando Trueba; Las mujeres de Juanito Mares (1997) e Rabos de lagartija (2000, Premio de la Crítica 2001), así como o volume antolóxico de relatos Cuentos Completos (2002). Recibiu o Premio Nacional de Narrativa (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor checo. Realizou obras na liña de Dvořák e dos impresionistas franceses, e frecuentou o grupo dos Seis. Deixou compostas unhas 400 obras de todos os xéneros instrumentais, vocais e teatrais, como La bagarre (1927) e Rhapsody concerto (1953). Da súa produción destacan óperas, como Julietta (1938) e Griechische Passion (A paixón grega, 1961) composicións radiofónicas e televisivas, sinfonías e bandas sonoras para películas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo e escritor. Especializouse en temas relacionados coa historia colombina e coa arqueoloxía galega. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega, La Noche e Vieiros, escribiu Retrouso a Colón (1960) e Romance ao lobo gris. Recibiu o primeiro premio no Concurso Popular de Fotografía da Agrupación Fotográfica Gallega (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de gravados rupestres situados en Morillas (Campo Lameiro). Componse de varias rochas que destacan polo gran número de espadas curtas e puñais representados, ademais de pegadas de animais dun gran realismo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1974.
-
-
GALICIA
Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Filla de Xerome Bonaparte e sobriña de Napoleón. Casou (1841) co príncipe ruso Anatolio Demidov. Durante a Segundo Imperio (1868-1870) tivo en París un activo salón artístico e literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Helfta, Saxonia 1241 - 19.11.1298) Mística. Pertenceu ao mosteiro cisterciense de Helfta e recolleu as súas experiencias místicas e a súa devoción ao Sagrado Corazón de Xesús na obra Liber specialis gratriae. Non foi canonizada, pero é venerada como santa. A súa festividade celébrase o 19 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que, desde xullo de 1992, recibe a antiga Asociación España-URSS fundada en xaneiro de 1987. Esta institución, presidida por Francisco Mosquera Pazo, desenvolve actividades culturais e lúdicas como cursos de lingua rusa, ciclos de cine ruso, torneos de xadrez, concursos de redacción e debuxo, conferencias ou presentación de libros. Conta, ademais, cunha coral polifónica e cunha biblioteca de libros rusos e galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatística que rexe a distribución dun conxunto de partículas en función dos posibles valores da enerxía tendo en conta os principios da mecánica clásica. Utilizada inicialmente para describir o comportamento dos gases ideais, fallou no caso do gas electrónico dos metais e por iso desenvolvéronse outras estatísticas, como a de Bose-Einstein e a de Fermi-Dirac. Permitiu facer unha interpretación probabilística da entropía.
-
PERSOEIRO
Político e economista sudafricano. Loitou contra o apartheid. Foi presidente do Congreso Nacional Africano (CNA) desde 1993, vicepresidente da República (1994-1999) e presidente da República Sudafricana, desde 1999, cando sucedeu a N. Mandela. En xullo de 2002 foi elixido como primeiro presidente da Unión Africana (UA).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 860 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO