Maribor
Maribor
Cidade de Eslovenia, situada a ambas as dúas beiras do Drave, preto da fronteira austríaca (92.284 h [2002]). As principais actividades económicas son as industrias metalúrxica, téxtil e conserveira. Desde o s XII ata 1919, ano en que se integrou en Iugoslavia, foi capital da Baixa Estiria.