"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Aplícase ao subgrupo de linguas finoúgrias do phylum urálico que comprende o húngaro, o ostíaco ou khanti e o vogul ou mansi, faladas en Siberia entre os ríos Ural e Obi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural que constitúe un sistema litoral formado pola enseada do Grove, a praia da Lanzada, a punta Carreirón e a lagoa de Bodeira. A enseada do Grove presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes en que se sitúan importantes colonias de aves mariñas. A lagoa de Bodeira, na península do Grove, é a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Complexo Ons-O Grove na proposta da Rede Natura 2000 en 2001. Ademais foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona Ramsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a certas manifestacións artísticas e literarias que se apartan dun xeito consciente e voluntario das normas tradicionais e das estruturas establecidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora danesa. A súa primeira obra significativa foi a novela Jenny (1911), á que seguiron De kloge jomfruer (As virxes sensatas, 1918) ou a triloxía Kristin Lavransdatter (1920-1922), Olav Adunssøn i Hestviken (1925-1927) e Madame Dorothea (1939). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1928.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ungulígrados.

    2. Mamífero do grupo dos ungulígrados.

    3. Grupo de mamíferos terrestres que ao camiñar só descansan a punta dos dedos sobre o chan, polo que as uñas se lles transformaron en pezuños, como os artiodáctilos ou os perisodáctilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional de xeógrafos fundada en Bruxelas en 1922 para o estudo dos principais problemas de dominio xeográfico. O primeiro congreso realizouse en Anveres en 1871, e desde entón organiza cada catro anos un congreso internacional de xeografía, e cada dous anos intermedios organiza conferencias rexionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación sindicalista galega de agricultores e gandeiros fundada en 1982. Entre os seus obxectivos atopábase a modernización do campo, a implantación do cooperativismo ou a concentración parcelaria. Entre as súas bases de actuación destacaron a defensa dos labregos fronte a situacións como o reaxuste da cota láctea ou o problema das vacas tolas. Promoveron a convocatoria das primeiras eleccións a Cámaras Agrarias en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igrexa situada en Santiago de Compostela. Datada no s XVII, pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús ata a expulsión dos xesuítas e desde 1769 pasou a funcionar como capela da Universidade. Destaca o clasicismo da fachada, obra de Diego de Romay, así como o campanario, engadido en 1719. Orixinariamente, as dúas fornelas da fachada estaban ocupadas por esculturas de santo Ignacio de Loyola e san Francisco, pero desde a expulsión dos xesuítas foron reconvertidas en san Pedro e san Paulo e incorporouse o escudo de Carlos III. No interior sobresaen os retablos barrocos do cruceiro e do altar maior, dedicado á Anunciación, a capela da Sagrada Familia (1663), obra de Peña de Toro, e a capela maior, co Sepulcro do arcebispo Blanco, realizado por Mateo López en 1584.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cosmografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da uretra despois da introdución dunha substancia de contraste aos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía das vías urinarias ou dunha das súas partes, mediante a inxección dun contraste radiopaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michoacán, México (265.699 h [2001]). Situada na chaira central, a 100 km ao SO de Morelia, é o lugar de saída para ir ao volcán Paricutín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Comunidad Autónoma de Extremadura, situado en Tierra de Barros e delimitado ao L polo río Retín (2.044 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enciclopedista francés, barón de Clootz. Coñecido como Anacharsis Clootz, durante a Revolución Francesa destacou polo seu radicalismo xacobino. Inimigo de Robespierre, este involucrouno no proceso contra os hebertistas e condenouno á guillotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Margrave de Brandeburgo (1308-1319). Ascanio da rama de Stendal-Tangermünde, en 1317 reuniu todo o territorio de Brandeburgo ao se extinguir a rama de Salzwedel-Stargard, e mesmo ampliou os seus dominios cara ao L e o N ao obter, en 1317, o condado palatino de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1157-1182), bisneto do Rei Sven II. Loitou contra os vendes, ocupou a illa de Rügen e cristianizounos pola forza. Vasalo do Emperador Federico I, liberouse da fidelidade e instituíu unha monarquía autocrática e hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Rao (Navia de Suarna). O seu cumio acada os 1.126 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa O da illa de La Gomera (4.239 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de plátanos, a pesca e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO