Universidade, igrexa da ou igrexa da Compañía
Igrexa situada en Santiago de Compostela. Datada no s XVII, pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús ata a expulsión dos xesuítas e desde 1769 pasou a funcionar como capela da Universidade. Destaca o clasicismo da fachada, obra de Diego de Romay, así como o campanario, engadido en 1719. Orixinariamente, as dúas fornelas da fachada estaban ocupadas por esculturas de santo Ignacio de Loyola e san Francisco, pero desde a expulsión dos xesuítas foron reconvertidas en san Pedro e san Paulo e incorporouse o escudo de Carlos III. No interior sobresaen os retablos barrocos do cruceiro e do altar maior, dedicado á Anunciación, a capela da Sagrada Familia (1663), obra de Peña de Toro, e a capela maior, co Sepulcro do arcebispo Blanco, realizado por Mateo López en 1584.