Universidade da Coruña

Universidade da Coruña

Institución universitaria creada na Coruña pola Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA). Un dos antecedentes da Universidade da Coruña foi o Colexio Universitario da Coruña, dependente da Universidade de Santiago de Compostela. A partir da súa constitución como universidade o número de titulacións completas aumentou progresivamente e creáronse novas infraestruturas, entre as que destacan o campus de Elviña-A Zapateira ou o Reitorado da Maestranza. Tamén depende da Universidade da Coruña o campus de Ferrol, no que hai distintas especialidades náuticas e mecánicas. O primeiro reitor da Universidade da Coruña foi Xosé Luís Meilán Gil (1990-2003).