Universidad Pontificia de Salamanca

Universidad Pontificia de Salamanca

Universidade privada con orixe común á de Salamanca. A boa relación entre a igrexa e a Universidad de Salamanca sufriu profundos cambios cos gobernos liberais de España no s XIX que excluíron da universidade as facultades de Teoloxía e Dereito Canónico, pero en 1940 Pío XII, a petición do episcopado español, restaurou estas dúas facultades na que se chamou Universidad Pontificia de Salamanca. A Universidad Pontificia considérase así herdeira tamén da primeira universidade salmantina, real e pontificia á vez. Conta con dous campus universitarios, un en Salamanca e outro en Madrid.