Universidad de Alcalá de Henares
Universidade creada polo cardeal Cisneros mediante bula pontificia concedida polo Papa Alexandre VI en 1499 que permitía converter o Estudio General existente na universidade, denominada Universitas Complutensis por Complutum (‘confluencia de dous ríos’) nome latino de Alcalá. A mediados do s XIX trasladouse a Madrid onde pasou a denominarse Universidad Central (1936) co monopolio de expedición de títulos de doutor. Cara a 1951, a instancia da Universidad de Salamanca, perdeu este monopolio e cambiou o nome de Universidad Central polo de Complutense. En 1975 dividiuse en dúas: o ensino de ciencias experimentais, ciencias da saúde, ciencias sociais e humanidades agrupáronse na Universidad Complutense de Madrid, mentres que as escolas superiores de ensinos técnicos se agruparon na Universidad Politécnica de Madrid.