"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (408-450), fillo e sucesor de Arcadio. De carácter feble, viviu baixo as influencias do seu titor Antemio, da súa irmá Pulqueira, quen foi asociada ao goberno como augusta en 414, e da súa muller Atenaida. Pactou cos hunos, que atravesaron o Danubio, devastaron Tracia e camiñaron cara a Constantinopla, unha paz pola que lles cedeu terras ao S do Danubio e lles pagou un tributo anual desde 443. Durante o seu reinado tivo lugar o Concilio de Éfeso (431), onde foron condenados os partidarios de Nestorio. Da súa época é o Código Teodosiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (716-717). Recadador de impostos en Mesia, foi proclamado emperador polas tropas de Opsíkhion, que destronaron a Anastasio II. Ao non ser recoñecido polas milicias de Asia, que aclamaron como emperador a León II, en 717, foi destronado e confinado nun mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anacoreta. Coñecido como o Cenobiarca, fundou un mosteiro preto da laura de San Sabas. A súa festividade celébrase o 11 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego Theodosios, de theós ‘Deus’ e dosis ‘acción de dar, dose’, derivado de didomi ‘dar, regalar’, co significado de ‘dado por Deus, agasallo de Deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Foi abade de Fleury e arcebispo de Orléans (798 -821?). Protexido polos emperadores Carlomagno e Luís I, foi acusado despois de ter participado no complot do Rei Bernaldo de Italia contra Luís I. Na prisión compuxo o Gloria Laus, que entrou na liturxia do día de Ramos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor bizantino. Coñecido como o Grego, traballou en Constantinopla, Crimea e Rusia. Decorou a igrexa e pintou iconas en Novgorod (igrexas da Transfiguración e de San Teodoro), en Nižnij Novgorod e en Moscova, onde decorou a catedral da Anunciación xunto con Andrej Rubl’ov.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición ou manifestación sensible da divindade. Reserva o nome para as manifestacións sorprendentes ou extraordinarias.

    2. Nome grego da festa da Epifanía. OBS: Nesta acepción adóitase escribir en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente. En 956 casou con Román II, co que tivo catro fillos: Basilio (Basilio II de Bizancio), Constantino (Constantino VIII), Teófano e Ana. Rexente á morte do seu home en 963, o mesmo ano esposou e asociou ao trono ao xeneral Nicéforo II, quen, en 969, foi asasinado, de acordo co seu amante armenio, o criado Xoán Tzimiszes (Xoán I de Bizancio) co que casou. Este, non obstante ao abeiro do trono, relegouna a un mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Rexeu o ducado de Roma cos títulos de magister militum, consul, vestatarius e senator Romanorum. Impúxose á nobreza romana e exerceu a autoridade durante uns trinta anos en Roma e no seu ducado. Casou con Teodora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de propaganda deísta, na liña de Voltaire e de Rousseau, que quería substituír o catolicismo por unha doutrina fundamentada na afirmación racionalista de Deus. Foi fundado o 25 de decembro de 1796 e prohibido en 1802.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide purínico, derivado fundamentalmente da xantina, que está presente nas follas do té. É un sólido cristalino incoloro, soluble en auga quente e pouco soluble en alcohol e éter. Ten unha lixeira actividade estimulante e, asociada co acetato sódico, emprégase como diurético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (829-842), fillo e sucesor de Miguel II. Cogobernou co seu pai desde 821 e continuou a súa política iconoclasta. Loitou contra os árabes de Cilicia e Mesopotamia e, en 841, obtivo unha tregua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e tratadista de arte. Escribiu un dos manuais de arte máis destacados da Idade Media, Diversarum artium schedula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Coñecido como o penitente, foi ecónomo da igrexa de Adana (Cilicia). Deposto polo bispo, vendeu a súa alma ao demo e despois, arrepentido, acudiu á Virxe para que lla devolvese. A súa festividade celébrase o 4 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Alexandría (385-412). Propugnou sen escrúpulos o predominio da sé alexandrina en Oriente e foi un adversario violento dos pagáns e dos oroxenistas. Acusou a Xoán Crisóstomo de selo e, en 403, conseguiu que fose deposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Antioquía. O seu pensamento está no inicio da teoloxía trinitaria e cristolóxica. Consérvanse os tres libros Ad autolycum, de carácter apoloxético. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego Theófilos, de theós ‘Deus’ e filos ‘amigo’, co significado de ‘amigo de Deus, preferido de Deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo e colaborador de Aristóteles, a quen sucedeu na dirección do Liceo en 322 a C, atribúeselle, ás veces, ter manipulado a obra aristotélica, de cuxa transmisión é o verdadeiro responsable. Na súa extensa obra, da que queda unha pequena parte, ocúpase de temas variados como a lóxica, a retórica física, a meteoroloxía, a zooloxía ou a botánica. Foi autor de Ἐ θικοί χαρακτ ή ρες (Caracteres éticos), que influíu na comedia do seu tempo, e de Φυσι ῶ ν δόξα (Opinións dos físicos), unha historia da filosofía natural dos gregos desde a orixe ata Platón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nupcias divinas ou unión sexual entre divindades ou entre divindades e mortais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta elexíaco grego. Relacionado coa aristocracia, ao chegar ao poder a clase burguesa dedicouse a escribir un libro de elexías, dirixidas ao seu amigo Cirnus, a quen quería inculcar os principios e os ideais aristocráticos contra a nova clase.

    VER O DETALLE DO TERMO