"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Autor de dramas históricos e musicais, entre outros xéneros, da súa obra destacan Le philosophe sans le savoir (1765) e La Gageure imprévue (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Pígara, Guitiriz 30.9.1954) Escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Sevilla, realizou traballos de restauración en diversas cidades españolas e na catedral de Santo Domingo. Traballou a madeira, a pedra, o metal ou o cánabo en obras dotadas dun expresionismo de carácter abstracto. Realizou, entre outras obras, Acción permanente, Andadura azul, Canto femenino (2004), Geometrías interiores (2004) e Dos caminos (2004). Ten obra en diversas coleccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura de nota musical ou de pausa. O seu valor equivale a media corchea ou á decimosexta parte da redonda considerada como a unidade de duración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, creado en 1983 por iniciativa de Constantino García González, que o dirixiu ata 1996, ano en que asumiu a dirección Manuel González González. Elabora dicionarios e vocabularios e coorganiza os Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura Galegas para españois de fóra de Galicia. Dos traballos publicados destacan o Dicionario da lingua galega (1990), Léxico da administración castelán-galego (1991), Contribución ao léxico de Álvaro Cunqueiro (1991), Dicionario manual da lingua galega (1991), Pequeno dicionario da lingua galega (1993), Dicionario manual castelán-galego (1996), Dicionario da Real Academia Galega (1997) e Dicionario castelán-galego (2004). Asesorou e revisou un gran número de obras lexicográficas, como Manual básico de economía en galego (1996), Dicionario italiano-galego (2000) e Dicionario galego de termos médicos (2002), entre outras. Publica a revista de investigación lingüística,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
semipermeable.
-
-
Que é parcialmente permeable.
-
Que permite o paso dalgunhas substancias.
-
-
-
Cada un dos procesos de oxidación ou de redución cando se consideran por separado nunha reacción de oxidación-redución.
-
Tempo preciso para que, nunha reacción química, a concentración dun substrato inicial se reduza á metade.
-
-
PERSOEIRO
Mineraloxista francés. Estudou as propiedades, estrutura e comportamento óptico, térmico e eléctrico dos cristais. Escribiu Expériences sur la formation des minéraux par voie humide dans les gîtes métallifères concrétionnés (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e naturalista suízo. Estudou nas plantas os efectos da luz e observou a produción de osíxeno e dióxido de carbono. Escribiu Diss. de polygamia (1765), Ditionnaire des fôrets et bois (1790-1815) e Physiologie végétale (1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura da mitoloxía grega e romana con forma de rapaza ou de muller nova e bela na parte superior do corpo e de paxaro na parte inferior. Na Idade Media apareceu e divulgouse a forma de medio muller medio peixe. Coa súa beleza e co feitizo dos seus cantos atraía aos navegantes para afogalos nos abismos do mar. En Galicia destaca o mito da Serea de Fisterra, muller supervivente da cidade asolagada de Duio que se converteu en serea e atrae aos mariñeiros para perdelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serpea ou que se move formando ondas.
-
-
Moverse ou arrastrarse polo chan con movementos similares aos da serpe.
-
Estenderse algunha cousa seguindo unha liña sinuosa, formando voltas e ondulacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1967 como resultado da transformación do Servicio Nacional do Trigo, constituído en 1937 en Burgos. O seu obxectivo era a ordenación da produción e a compra e distribución dos cereais mediante unha rede de silos. En 1971 substituíuse polo Servicio Nacional de Produtos Agrarios (SENPA), convertido en 1996 no Fondo de Garantía Agraria (FEGA).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que sesea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falar ou pronunciar con seseo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atractivo físico e sexual dunha persoa.
-
PERSOEIRO
Poeta, dramaturgo e actor inglés. Arredor de 1588 instalouse en Londres, e axiña se deu a coñecer como actor, na compañía Chamberlain’s Men, e como dramaturgo. Os seus primeiros poemas, “Venus and Adonis” (1593) e “The Rape of Lucrece” (1594), dedicoullos ao conde de Southampton, o seu mecenas. Neste momento comezou a escribir as súas grandes obras, que representaba o seu amigo Richard Burbage, en The Theatre, The Curtain e The Globe. Cando morreu a Raíña Elisabet (1603), a compañía Chamberlain’s Men púxose baixo o padroado de Xaime I e pasou a chamarse King’s Men. Cara a 1611 retirouse a Stratford, despois de actuar na escena durante vinte anos e crear a maior serie de obras teatrais concibidas por un único home. Tras a súa morte, dous dos seus compañeiros de teatro, Heminges e Condell, publicaron as súas obras (1623). Ignórase a data de composición de moitas delas, aínda que se pode establecer unha cronoloxía aproximada. Antes de 1593: Henri VI, Titus Andronicus, Love’s...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a W. Shakespeare e á súa obra.
-
Especialista na vida ou obra de W. Shakespeare.
-
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Dos seus filmes destacan Romeo and Juliet (1936), Marie Antoinette (1938) e Her Cardboard Lover (1942). Gañou o Oscar á mellor actriz polo seu papel en The Divorcee (1930).
VER O DETALLE DO TERMO