"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fármaco que detén a división das células ou o seu crecemento ao inhibir a mitose; por esta razón, emprégase na terapéutica do cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura diferenciada dalgúns protozoos por onde penetran os alimentos, dirixidos polas correntes que producen os cilios.
-
-
-
Citación para obrigar a unha persoa a que execute unha cousa.
-
Persoa que fai a citación.
-
-
Persoa que se asombra por calquera cousa ou queda sen reaccionar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade de romper unha célula, xa sexa por parte doutra célula (célula citotóxica) ou dun composto químico (citotoxina), como a afanastatina, un limonoide presente na Aphanamixis grandifolia. A citotoxicidade deixa un camiño aberto para combater selectivamente as células tumorais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta citotoxicidade, especialmente as substancias que inhiben a división celular e os linfocitos T que poden destruír as células infectadas por virus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación e desenvolvemento dunha célula.
-
-
Parte da xenética que estudia o comportamento dos cromosomas dentro da célula, especialmente nos procesos mitóticos e meióticos.
-
Conxunto de procedementos empregados nas análises cromosómicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citoxenética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que orixina células ou induce á súa formación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido cítrico.
-
PERSOEIRO
Pintor. Representante da escola pollencina, residiu en París (1910) e en 1913 estableceuse en Mallorca seguindo a Anglada i Camarasa. A súa estética inicial orientalizante evolucionou cara ao gusto fauve.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual que apareceu en Lugo en 1920. Acolleu unha gran cantidade de documentos relacionados coa doutrina teolóxica e ascética. Considerada como o órgano oficial do Centro Eucarístico Diocesano de Lugo, foi dirixida e redactada por Plácido Ángel Rey Lemos durante o tempo que estivo como bispo.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Tamaulipas, México, nos contrafortes de Sierra Madre, drenada polo río Grande (194.996 h [1990]). O comercio, a industria téxtil e a alimentaria son as principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Acción de cizallar.
-
Efecto dun esforzo que actúa sobre a sección transversal dun corpo (trabe, piar, remache, etc) e que se manifesta pola tendencia con que esta sección escorrega respecto á contigua, mediante unha deformación, primeiro elástica e despois plástica que, en caso de que o esforzo continúe en aumento, pode chegar a provocar a rotura da peza.
-
ensaio de cizallamento
Proba para determinar a resistencia dun material ao cizallamento, que consiste en someter unha probeta á acción de dúas cargas paralelas e moi próximas que actúan en sentido contrario.
-
esforzo de cizallamento
Nun corpo sometido a un certo estado de carga, compoñente da resultante destes esforzos que actúa sobre unha sección transversal do corpo e tende a facela escorregar respecto da contigua.
-
-
Perturbación cinemática da circulación intertropical que marca unha forte discontinuidade na velocidade e na dirección dos ventos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Clactonense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o seu nome do xacemento de Clacton-on-Sea, ao S da desembocadura do Támesis (Inglaterra). O elemento que caracteriza este complexo técnico son os útiles sobre lascas, que presentan un plano de percusión liso e un bulbo pronunciado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos cucúlidos ao que pertence o cuco papudo.
-
PERSOEIRO
Explorador escocés. Saíu de Trípoli (1822) con Oudney e Denham para explorar África central; en 1823 chegaron ao Chad, onde non estivera nunca ningún europeo e, pouco tempo despois, ao reino de Bornu, onde se estableceron durante un ano; ao proseguir co propósito de explorar o Níxer, faleceu Oudney, e Clapperton continuou ata Kano e Sokoto; esgotado, volveu a Bornu e despois a Inglaterra xunto con Denham. En 1826 emprendeu unha nova expedición e regresou a Sokoto, onde morreu de disentería.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e guitarrista. Influído por B. B. King, en 1966 fundou o grupo Cream. Posteriormente formou diversos grupos e conseguiu éxitos destacables. Entre a súa discografía destaca Eric Clapton and the Yardbirds (1964), 461 Ocean Boulevard (1974) e Unplugged (Premio Grammy, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Sallent, Barcelona 1807 - Fontfroide, Languedoc 1870) Eclesiástico. Estudiou no seminario de Vic (1829) e percorreu como predicador as comarcas catalanas. Acusado de colaborar cos carlistas, marchou a Canarias onde realizou un intenso labor como misioneiro (1848). Fundou en Vic a congregación de Misioneiros Fillos do Immaculado Corazón de María en 1849, denominados popularmente claretianos. Nomeado arcebispo de Santiago de Cuba, fundou alí as relixiosas de María Inmaculada. Chamado a Madrid pola Raíña Isabel II, acompañouna ao exilio. Morreu no mosteiro cisterciense de Fontfroide. Foi canonizado en 1950. Fundou a editorial Llibreria Religiosa (1848), onde publicou, entre outros escritos, o devocionario Camí dret i segur per arribar al Cel (Camiño dereito e seguro para chegar ao Ceo, 1843) e o Catecisme de la doctrina cristiana (Catecismo da doutrina cristiá, 1847).