cizallamento
(
-
[TECNOL]
-
s
m
Acción de cizallar.
-
s
m
Efecto dun esforzo que actúa sobre a sección transversal dun corpo (trabe, piar, remache, etc) e que se manifesta pola tendencia con que esta sección escorrega respecto á contigua, mediante unha deformación, primeiro elástica e despois plástica que, en caso de que o esforzo continúe en aumento, pode chegar a provocar a rotura da peza.
-
ensaio de cizallamento
Proba para determinar a resistencia dun material ao cizallamento, que consiste en someter unha probeta á acción de dúas cargas paralelas e moi próximas que actúan en sentido contrario.
-
esforzo de cizallamento
Nun corpo sometido a un certo estado de carga, compoñente da resultante destes esforzos que actúa sobre unha sección transversal do corpo e tende a facela escorregar respecto da contigua.
-
s
m
-
liña de cizallamento
[METEOR]
Perturbación cinemática da circulación intertropical que marca unha forte discontinuidade na velocidade e na dirección dos ventos.