Cízico

Cízico

Colonia grega situada no istmo de Misia, nas costas do mar de Mármara. Fundada por Mileto no 757 a C, as invasións cimmerias destruírona. Produciuse un novo asentamento milesio no 676 a C, que aproveitou a situación nunha importante ruta comercial, e acadou unha notable prosperidade. Membro da Liga Delia, durante a Guerra do Peloponeso, as tropas atenienses comandadas por Alcibíades venceron os espartanos nestas augas (410 a C), feito que liberou a rexión dos estreitos. Durante o período helenístico pasou a Macedonia e mantivo a súa prosperidade e independencia fronte aos romanos ata o 25 d C. Foi capital da provincia do Helesponto no Imperio Romano. Conquistada polos árabes no 675, un terremoto destruíuna no 943.

Palabras veciñas

cizallamento | cizallar | Cízico | Cízico | cizoiro | Cizur | Cizur Mayor