"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de andalusita con inclusións de carbón situadas de maneira que responden á simetría do mineral. Atópase en lousas afectadas por intrusións graníticas, presente nalgunhas zonas de Galicia, como no val do Louro ou San Mamede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caetano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alquibla.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo quiché ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo quiché.
-
Pobo amerindio que vive no centro de Guatemala. En época precolombina desenvolveu unha cultura con capital en Utatlán e a súa orixe recóllese no libro Popol Vuh.
-
Lingua do grupo maia-quiché do phylum amerindio que fala o pobo quiché e tamén os cakchiquels, tzutuhils, pokonchis e pokomams.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Guatemala (8.378 km2; 655.510 h [2002]). A súa capital é Santa Cruz del Quiché (62.369 h [2002]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bioquímico. Especializado en hematoloxía, estudou o mecanismo da coagulación do sangue e estableceu uns tests para determinar o tempo de coagulación dun plasma descalcificado (tempo de Quick ou de protrombina). Descubriu o factor V da coagulación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tempo de protrombina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto esencial ou máis importante dunha cuestión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que indica que unha cousa ou persoa se confunde con outra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa descoñecida e pouco importante.
-
PERSOEIRO
Historiador e político alemán. Profesor da Universidade de Berlín, fundou en 1895 a Deutsche Zeitschrift für Geschichtswissenschaft (Revista de Ciencias Históricas Alemá), que editou ata 1896, e foi delegado en numerosas conferencias de paz. Escribiu Caligula: Eine Studie über römischen Cäsarenwahnsinn (Un estudo sobre a loucura dos césares romanos, 1894). Foi presidente da Asociación Alemá da Paz (1914-1929) e vicepresidente do Bureau International Permanent de la Paix, e un dos fundadores da Liga de Unión de Nacións en Alemaña. Recibiu, xunto a Ferdinand-Édouard Buisson, o Premio Nobel da Paz (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Característica que define unha cousa ou persoa.
-
Esencia no ser creado, segundo a terminoloxía filosófica medieval.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disposición promulgada por Carlos II o Calvo na Dieta de Quierzy-Sur-Olse en 877 cando preparaba unha expedición a Italia. Carlos II comprometeuse nela a doar aos herdeiros dos funcionarios que morresen no curso da campaña os beneficios que estes gozase e a exercer as súas funcións provisionalmente. Conservou para o rei o poder designar de inmediato a outro sucesor. Foi un dos primeiros pasos para a consolidación do carácter hereditario dos feudos.
-
-
Calidade de quiescente.
-
Interrupción temporal no desenvolvemento dun insecto que se debe a factores externos e que volve ao seu curso cando estes factores volven ser favorables.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está quieto por propia vontade.
-
-
Actitude que se caracteriza pola inmobilidade, a apatía e a indiferenza.
-
Movemento de espiritualidade católica do s XVII, difícil de determinar nos seus límites, caracterizado por unha linguaxe mística, próxima ao panteísmo, que xurdiu en reacción contra a piedade voluntaria. Ten a súa orixe en Miguel de Molinos e na súa Guía espiritual (1675), para quen a perfección cristiá consistía no amor de Deus e na inacción da ánima. Sesenta e nove das súas proposicións foron condenadas en 1688. Coa axitación provocada en Francia, J. B. Bossuet e o arcebispado de París condenaron tamén obras de Guyon du Chesnoy (1695), así como a súa defensa de François de Salignac de la Mothe Fénelon na obra Explication des maximes des saints sur la vie intérieure. O movemento influíu no pietismo. OBS: Tamén se denomina molinosismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao quietismo.
-
Seguidor do quietismo.
-
-
-
Que non se move nin cambia.
-
Que está tranquilo.
-
-
PERSOEIRO
Emperador romano, fillo de Macrino. O seu pai asociouno ao trono xunto ao seu irmán e durante o seu goberno tratou de defender o Imperio Romano da ameaza persa, pero foi derrotado e asasinado por estes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou estado de quieto.