quietismo
(
-
s
m
Actitude que se caracteriza pola inmobilidade, a apatía e a indiferenza.
-
s
m
[HIST/RELIX]
Movemento de espiritualidade católica do s XVII, difícil de determinar nos seus límites, caracterizado por unha linguaxe mística, próxima ao panteísmo, que xurdiu en reacción contra a piedade voluntaria. Ten a súa orixe en Miguel de Molinos e na súa Guía espiritual (1675), para quen a perfección cristiá consistía no amor de Deus e na inacción da ánima. Sesenta e nove das súas proposicións foron condenadas en 1688. Coa axitación provocada en Francia, J. B. Bossuet e o arcebispado de París condenaron tamén obras de Guyon du Chesnoy (1695), así como a súa defensa de François de Salignac de la Mothe Fénelon na obra Explication des maximes des saints sur la vie intérieure. O movemento influíu no pietismo. OBS: Tamén se denomina molinosismo.