"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Museo municipal da Estrada fundado por Manuel Reimóndez Portela. Centra as súas actividades na custodia, exposición e estudo dos restos históricos, artísticos e etnográficos que proceden do concello da Estrada, entre outros os procedentes do vello laboratorio municipal. Dedica unha sección etnográfica aos oficios e incluso expón unha aula de clase tradicional. Entre as súas iniciativas destaca a elaboración dun arquivo fotográfico relacionado coa historia do concello cunha especial atención á emigración. Edita o anuario Miscelánea histórica e cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo creado en 1976 baixo a iniciativa dun padroado formado por un gran número de institucións culturais galegas, por numerosos especialistas das distintas áreas culturais e por representantes das administracións públicas. As primeiras salas inauguráronse en 1977 no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo concello de Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia recoñeceulle, en 1993, a competencia de actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicas e privadas integrados no sistema galego de museos. O sostemento do museo realízase polas achegas, económicas e materiais dos seus socios e patróns e polo patrocinio de institucións públicas e privadas. As súas salas dedícanse ao mar, ao campo, aos oficios, ao traxe, á música, ás artes suntuarias e ao hábitat e arquitectura. Conta tamén con seccións de arqueoloxía, pintura e escultura e organiza exposicións temporais, cursos, congresos e outras actividades. Ten unha biblioteca, co Departamento de Educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Madrid destinado a acoller a colección de arte da familia Thyssen-Bornemisza. A colección de case 800 pezas, foi inicialmente prestada por Hans Heinrich Thyssen-Bornemisza e a súa muller Carmen Cervera ao Estado, que a cambio cedeu o edificio que se converteu na súa sede: o palacio de Villahermosa, (Ben de Interese Cultural, 1993). Para a xestión e conservación da colección creouse a Fundación Thyssen-Bornemisza. O edificio foi remodelado por R. Moneo en 1993, cando a colección foi adquirida polo Estado. En 2004, tras unha nova cesión temporal de 220 obras da colección privada de Carmen Cervera, o edificio tivo que ampliarse. Concibida esta reforma como unha prolongación natural do museo, acomodouse á planta regular de R. Moneo e desenvolveuse na superficie ocupada por dous edificios anexos. O novo espazo conta con dezaseis salas de exposición, dúas de exposición temporais e varias de restauración. A nova colección foi unha continuación da anterior, facendo da paisaxe o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte antiga fundado en 1884 baixo o nome de Museu Nacional de Belas Artes e Arqueologia, no palacio Alvor-Pombal de Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan do espolio artístico sofrido por numerosos conventos portugueses en 1834; posteriormente incrementáronse con doazóns e novas adquisicións. A súa colección abrangue desde restos arqueolóxicos a obras pitóricas europeas da Idade Moderna, desde o s XII ao XIX, gravados dos ss XIX e XX, así como todo tipo de obxectos preciosos e artes decorativas. En 1911 modificou o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e polígrafo. En 1761 foi a Santa Fe como médico do vicerrei. Dirixiu a famosa Expedición Botánica, base da monumental Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perfectura da República Centroafricana (61.150 km2; 153.948 h [estim 1989]). A capital é Bangassou (36.254 h [estim 1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e político senegalés. Ocupou diversos ministerios como o de Educación e Cultura entre 1957 e 1970 e foi director xeral adxunto de educación da UNESCO (1974-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Raíz do nabo.

      2. Planta herbácea anual ou bienal de ata 150 cm de altura, que ten raíz carnosa tuberosa, follas dentadas, flores amarelas en inflorescencias en acio e froitos en sílicua provista dun pico. Florece entre marzo e abril e as raíces son comestibles e forraxeiras e as sementes son oleíferas. É orixinario de Centroeuropa, pero o seu cultivo está moi estendido. En Galicia ten moita tradición, debido tanto ao consumo humano como pola súa utilización coma forraxe para animais. No consumo humano, segundo a estación aprovéitanse diferentes partes. En primeiro lugar, consómense as primeras follas chamadas nabizas, as follas cortadas con parte do talo denominadas cimóns, e por último, as follas cortadas co talo antes de florecer chamadas grelos. Existen diferentes variedades de nabos coma os nabos mouros, de follas verdes escuras e con raíz vermella; os nabos brancos ou nabo galego, de follas verdes claras e raíz branca verdosa ou os nabos moreses, de raíz moi vermella...

    1. Órgano sexual masculino.

    2. brionia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con F. Busoni en Berlín e, en 1939, emigrou a EE UU. Das súas composicións destacan as óperas Rasputin’s End (1958) e Love’s Labour Lost (1970), os ballets Union Pacific (1924) e Oda (1928) e diversas obras para orquestra e coro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e entomólogo ruso. Naturalizado estadounidense, comezou a escribir para os xornais dos emigrantes rusos de Berlín, para pasar logo á elaboración dunha obra marcada pola traxicomedia, onde o espazo e o tempo parecen un, e as metáforas imposibles xorden de xeito repentino. Da súa produción destacan Lolita (1955), relato da difícil relación entre un home maduro e unha adolescente, co que lle chegou o éxito, a autobiografía Speak, Memory (1960), e tamén Pale Fire (1962), The Defense (1964), Transparents Things (1972) e Look at the Harlequins (1975). Postumamente apareceron as súas coleccións de ensaios Lectures on Literature (1980) e Lectures on Russian Literature (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Babilonia (556-539 a C). Foi o último soberano da dinastía caldea. Por causas ignoradas, nomeou o seu fillo Baltasar, gobernador de Babilonia e permaneceu dez anos en Taima (Arabia), cando o perigo persa era xa evidente. En 539 a C Ciro II de Persia penetrou en Mesopotamia e Nabonid tornou a Babilonia, pero a desafección dos seus súbditos fixo caer a cidade e o reino en poder do caudillo persa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Babilonia (626-605 a C). Fundou a dinastía caldea. Xefe dos arameos do sur de Mesopotamia, independizouse primeiro de Asiria (626 a C) e despois, aliado cos medos, iniciou en 616 a C unha decidida política antiasiria contra Sir-Šar-Iškun (628-612 a C), que culminou coa toma de Nínive (612).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe probablemente no hebreo barar ‘escoller’ e nabar ‘sincero, limpo’. A súa festividade celébrase o 12 de xuño ou o 10 e 12 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello do Bolo, baixo a advocación de san Pedro, que está incluída na de Teixido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glándulas mucosas que están situadas ao redor do orificio do colo uterino. Cando se obstrúe o conduto secretor fórmanse os quistes de Naboth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático escocés. Dedicou unha boa parte do seu tempo ás investigacións matemáticas, campo onde iniciou a teoría dos logaritmos e confeccionou táboas que facilitaron en gran medida o labor dos astrónomos coetáneos. Tamén fixo estudos de teoloxía e extensos comentarios da Apocalipse de San Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista corso, fillo de Carlos Bonaparte e Maria Laetizia Ramolino. Formouse nas escolas militares de Brienne e de Champ de Mars (París). Aínda que inicialmente as súas ideas comulgaron coas do independentista P. Paoli, durante a Revolución Francesa amosouse favorable á anexión con Francia, polo que, para evitar represalias, fuxiu a Marsella coa súa familia (1793). Declarado xacobino, comezou unha brillante carreira militar ata a Reacción Termidoriana (1794) -cando o prenderon- que recuperou posteriormente ao ser nomeado capitán do exército do interior. En París coñeceu e casou (1796) con Xosefina Beauharnais e ese mesmo ano marchou a Italia, onde conseguiu, tras unha brillante campaña, a celebración do Congreso de Rastatt (1797), o Tratado de Campoformio (1797) e a modificación do mapa político europeo: suprimiu o Reino de Venecia e creou a República Cisalpina. Pasou a Exipto para atallar os británicos na ruta cara ás colonias orientais e quedou illado pola destrución da súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi director xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Xunta de Galicia (1990-1997), conselleiro da Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal e asesor xurídico do Banco de Crédito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Languedoc-Rosellón, Occitania, no departamento de Aude, Francia (45.849 h [1990]). Situada na chaira vinícola do baixo Languedoc, a 12 km do Mediterráneo, é un dos nós de comunicación viaria e de ferrocarril máis importantes. A súa economía baséase na viticultura, no comercio de viños e na central atómica de Malvesi. Fundada polos romanos no ano 108 a C, foi un porto dependente da cidadela de Montlaurés e despois rival de Marsella. A partir do ano 27 a C converteuse en capital da provincia senatorial narbonesa, e máis tarde, en 297, da Prima Narbonensis. Conquistárona os visigodos en 462 e formou parte do seu reino, ata que foi tomada polos mouros en 719. En 759 pasou a poder dos francos e o goberno pasou a un vizconde e a un arcebispo, que tomou o título de primado de Occitania e presidiu os estados de Languedoc desde o s XIII ata o momento da súa supresión en 1790. Participou nas loitas dos condes de Tolosa e nas dos condes reis de Aragón. A cruzada contra os albixenses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e política. Foi secretaria de Estado de Medio Ambiente e Vivenda (1993), membro da comisión executiva federal do PSOE e secretaria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2000). En 2004 nomeárona ministra de Medio Ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO