"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Invitación dirixida desde Narbona aos prelados que permaneceron fieis a Benedito XIII, por parte do Concilio de Constanza o 13 de decembro de 1415. Ofreceuse a reunir un concilio que depuxese a Benedito XIII, quen se negaba a abdicar, e elixir un novo papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica do Baixo Languedoc, Occitania, incluída no actual departamento francés de Aude, que vai desde os Corberes ata Hérault. Na Antigüidade constituíu unha provincia romana da Galia meridional (Gallia Narbonensis) e tivo como capital Narbo Martius. Desde o s VIII ata finais do s IX comprendía eclesiasticamente os bispados de Occitania e tamén os cataláns da Tarraconense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Narbona ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Narbona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral atlántico, situado ao L da enseada de Sardiñeiro e que constitúe o limite da ría de Corcubión, na parroquia de Redonda (Corcubión).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa británica fundada en 1947 para xestionar a minaría do carbón, nacionalizada aquel mesmo ano. Controla case a totalidade da produción británica de hulla e a maioría de empresas de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral atlántico, o máis occidental de Galicia, situado na parroquia de Duio (Fisterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fenómeno atmosférico que se produce cando unha porción de aire, de extensión máis ou menos grande, leva en suspensión partículas de auga que proveñen da condensación do vapor da atmosfera en densidade suficiente para que a visibilidade sexa inferior a un quilómetro. Orixínase ao arrefriarse unha extensión de aire por arrefriamento directo, por mestura ou por evaporación. Existen diferentes tipos de néboas: as néboas de arrefriamento directo, que poden ser de radiación, propias das estacións frías, especialmente do solpor, ocasionadas polo arrefriamento nocturno dunha capa de aire estancado, ou de advección, que se deben ao paso dunha masa de aire relativamente cálido e húmido por riba dun solo frío; as néboas de mestura, que se forman ao mesturarse isobaricamente dúas masas de aire; e as néboas de evaporación, que xorden ao atoparse unha masa de aire por riba dunha superficie de auga máis quente ca aquela.

      2. néboa alta

        Capa de néboa que non está en contacto co chan.

      3. néboa baixa

        Néboa de radiación de baixo nivel que se forma particularmente nos vales.

      4. néboa borrallenta

        Néboa miúda que non desprende gotas pero que enche de humidade a atmosfera.

      5. néboa chorona

        Néboa de grande humidade que molla os obxectos que envolve.

      6. néboa húmida

        Néboa cun grao higrométrico moi alto que humedece os obxectos.

      7. néboa mexona

        Néboa da que cae unha precipitación, en forma de gotas finísimas, que acostuma ser unha nube de chuvia que no monte está en contacto co terreo.

    1. Mancha situada na córnea do ollo que dificulta a visión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Néboa dunha grande extensión e densidade. Na tradición oral recóllense ditos como: ; “Onde vires neboeira en xaneiro, fai alí ao teu fillo herdeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Vigo a partir de 1983. Subtitulada “Revista de cultura galega”, estivo editada polo colectivo Neboeira, Xuventudes do Círculo Ourensán Vigués. Coordinada por Carlos F. Marcos, incluíu información sobre ecoloxía, actos culturais, festas, ensino, humor, patrimonio e textos literarios de Salvador Lorenzana, Manuel Antonio e Xosé Mª Álvarez Blázquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. néboa.

    2. neboeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está cuberto de néboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Faraón de Exipto (380-363 a C). Primeiro faraón da dinastía XXX, enfrontouse con éxito ao persa Artaxerxes II, quen intentou invadir o Baixo Exipto para recuperar a zona que perdera á morte de Darío II de Persia (404 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Faraón de Exipto (360-343 a C). Terceiro e derradeiro faraón da dinastía XXX, en 350 a C enfrontouse con éxito a Artaxerxes III, pero en 343 a C foi derrotado polo soberano persa, quen ocupou Exipto e fundou a dinastía XXXI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘negro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Emeneira, o mundo do mar e todo o que acontece nel é a principal característica da súa obra, realizada na súa maior parte ao óleo. Destaca El cosido del mar e Naufragio azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas acuáticas, da orde das ninfeais, que presenta follas peltadas, emerxentes e de cor verde, e flores pedunculadas, brancas ou amarelas. Coñécense dúas especies, N. nucifera, ou loto da India, orixinario de Asia, e N. lutea, propia de Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Foi unha das figuras máis importantes da literatura checa moderna e defendeu as súas ideas feministas e nacionalistas. Escribiu obras líricas e contos rexionais baixo a influencia de V. B. Nebeský, dos que destacan Barušca (1853), Sestry (As irmás, 1854), Rozárka (1855) e Bavička (A avoa, 1855), a obra que a consagrou definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece neofobia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo de vidro do que se extraeu aire, que contén corpos de diferente natureza, como unha bóla de aceiro, unha pluma ou un anaco de cortiza, e que serve para comprobar que, en ausencia da rozadura do aire, o tempo de caída dos corpos é independente da súa masa, forma e natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO