néboa

néboa

(< lat nebŭla)

  1. [METEOR]
    1. s f

      Fenómeno atmosférico que se produce cando unha porción de aire, de extensión máis ou menos grande, leva en suspensión partículas de auga que proveñen da condensación do vapor da atmosfera en densidade suficiente para que a visibilidade sexa inferior a un quilómetro. Orixínase ao arrefriarse unha extensión de aire por arrefriamento directo, por mestura ou por evaporación. Existen diferentes tipos de néboas: as néboas de arrefriamento directo, que poden ser de radiación, propias das estacións frías, especialmente do solpor, ocasionadas polo arrefriamento nocturno dunha capa de aire estancado, ou de advección, que se deben ao paso dunha masa de aire relativamente cálido e húmido por riba dun solo frío; as néboas de mestura, que se forman ao mesturarse isobaricamente dúas masas de aire; e as néboas de evaporación, que xorden ao atoparse unha masa de aire por riba dunha superficie de auga máis quente ca aquela.

      Sinónimos: brétema, neboeiro, nebra.
    2. néboa alta

      Capa de néboa que non está en contacto co chan.

    3. néboa baixa

      Néboa de radiación de baixo nivel que se forma particularmente nos vales.

    4. néboa borrallenta

      Néboa miúda que non desprende gotas pero que enche de humidade a atmosfera.

    5. néboa chorona

      Néboa de grande humidade que molla os obxectos que envolve.

    6. néboa húmida

      Néboa cun grao higrométrico moi alto que humedece os obxectos.

    7. néboa mexona

      Néboa da que cae unha precipitación, en forma de gotas finísimas, que acostuma ser unha nube de chuvia que no monte está en contacto co terreo.

  2. s f

    Mancha situada na córnea do ollo que dificulta a visión.

Refráns

  • Ano de brétemas, ano de medas.
  • Ano de néboas, ano de medas temperás e non tardeiras.
  • Cantas néboas en marzo, tantas xeadas en maio.
  • Día de néboa bo día espera, se non chove ou neva.
  • Néboa de marzo, xeada en maio.
  • Néboa en Padrón, sinal de cerrazón.
  • Néboa no monte, mellor pola mañá que pola noite.
  • Néboas no alto, augas embaixo.
  • Neboeiro na terra, treboada no mar: ou ben chover ou ben nevar.
  • Neboeiro, pesca rara no rueiro.
  • O día de neboeiro, a mañá longa e o día pequeneiro.
  • O día neboento pon a un morriñento.
  • Onde vires neboeiro pot. xaneiro, fai alí o teu fillo herdeiro.

Palabras veciñas

nébeda | nebenkern* | neblurria | néboa | néboda | neboeira | Neboeira