brétema
brétema
(< gótico *brêthms ‘vapor’)
s
f
Condensación na atmosfera do vapor de auga do aire en contacto coa superficie terrestre. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ano de brétemas, ano de medas. Brétema húmida adoita traer chuvia. Brétema no monte, mellor que pola mañá é pola noite. Brétemas no alto, chuvias no baixo”.
Ex: Hoxe a brétema non deixa ver nada.
Sinónimos
Confrontacións
parrumadaCitas
- Hoxe a brétema non deixa ver nada.
Refráns
- A mera no san Xoán leva o viño e mailo pan.
- Brétema húmida adoíta traer chuvia.
- Brétema no monte, mellor que pola mañá é pola noite.
- Brétemas no alto, chuvias no baixo.