"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área de sedimentación mariña que se orixinou durante o Precámbrico ao fragmentarse a Panxea, e que se estendía desde Pireneos ata Indonesia, pasando por Asia central. O Mediterráneo é unha parte antiga do mar de Tetis. Deulle o nome o xeólogo austríaco Edward Suess.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das esterculiáceas, ao que pertence o cacao.
-
PERSOEIRO
Músico grego. Loitou na resistencia grega (1940-1945) e na Guerra Civil (1947-1949). Apresado, foi deportado a Icaria e Makronissos. Escribiu cancións sobre temas populares, de tipo político e ciclos sobre textos de diversos poetas en forma de canción ou de oratorio popular. Destacan o oratorio Canto General (1979), sobre textos de Pablo Neruda. Durante a Ditadura dos Coroneis sufriu novamente prisión, deportación (1967-1970) e exilio (1970-1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Coñecido como Tudor Arghezi, foi encarcerado durante a ditadura fascista. É autor de libros que van desde a experiencia simbolista ao enaltecemento do heroísmo revolucionario, que reflectiu na novela Icoane de lemm (Iconos de madeira, 1930) e na colección de prosas autobiográficas Pagini din trecut (Páxinas de antano, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Influído por santo Alberte o Magno e os neoplatónicos, opúxose á distinción tomista entre esencia e existencia. Escribiu De cognitione entium separatorum (Sobre o concepto da separación dos seres) e De intellectu et intelligibili (Sobre a intelixencia e o intelixible).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico sueco. Traballou na Universidade de Uppsala, no Instituto Kaiser Wilhelm de Berlín e no Instituto Nobel de Estocolmo. En 1955 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, pola súa contribución ao illamento das flavoproteínas e por outros estudos sobre fermentos respiratorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como El Greco, formouse nas ríxidas formas da arte bizantina. En Venecia (1560) parece ser que traballou no taller de Tiziano e puido coñecer a pintura de Tintoretto, Bassano e Schiavone, como amosan o tríptico da Galleria Estense de Modena, o Retrato de G. B. Porta, Expulsión de los mercaderes del templo e Milagro del cielo. En 1570 chegou a Roma, onde asimilou de Miguelanxo a concepción grandiosa do corpo humano e a tensión dramática: Retrato de Giulio Clovio, La curación del ciego e unha nova Expulsión de los mercaderes del templo. Ao redor de 1575-1576 chegou á Península Ibérica e estableceuse en Toledo, onde pintou o retablo maior de Santo Domingo el Antiguo (1577) e a Asunción, onde coa distorsión dos corpos dos personaxes tentou expresar o seu espiritualismo. O concepto do mundo exaltado polo páthos relixioso obsérvase particularmente en El expolio, da sancristía da catedral...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor, fillo de El Greco. En Toledo, colaborou na construción da casa do concello, con N. Vergara e J. B. Monegro, e interveu na capela mozárabe da catedral. Como pintor traballou co seu pai en diversas obras. Das súas obras destaca Noli me tangere (1651?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado a María, nai de Xesús, e que significa literalmente Nai de Deus. Proclamouse no Concilio de Éfeso (431).
-
PERSOEIRO
Almirante e relixioso francés. Profesou como carmelita, pero despois da invasión de Francia en 1940, volveu á mariña. Alto comisario no Pacífico, foi o xefe da frota francesa libre. Entre 1945 e 1947 foi alto comisario en Indochina coa misión de restablecer a soberanía francesa na Unión Indochinesa, o que provocou os incidentes de 1946. Renunciou á vida militar e ingresou nun convento carmelita.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Realizou investigacións importantes en aerodinámica, que levou a cabo durante a Primeira Guerra Mundial e estudou con Chadwick a enerxía atómica e a fusión nuclear. En 1827 descubriu a difracción dos electróns, o que lle permitiu estudar a súa natureza ondulatoria, independentemente de C. J. Davisson. En 1937 recibiu, xunto con C. J. Davisson, o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo estadounidense. No eido da psicometría desenvolveu as escalas de actitudes e contribuíu á aplicación da análise factorial. Publicou Primary Mental Abilities (1938) e A Factorial Study of Perception (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás tifáceas.
-
Planta da familia das tifáceas.
-
Familia de plantas herbáceas palustres, da orde das tifais, que presentan rizoma, follas amplamente lineais, alternas e dísticas, flores unisexuais, dispostas en inflorescencias compactas e froitos secos. Son propias das rexións cálidas e temperadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monstro que personificaba os terremotos e as erupcións volcánicas, na mitoloxía grega. Fillo de Tártaro e de Xea, e irmán dos xigantes, rebelouse contra Zeus, que o precipitou co seu raio ao Tártaro. Segundo Esquilo, a súa sepultura está no interior do Etna.
-
-
Mamífero carnívoro, de ata 3 m de lonxitude total, que presenta a pel avermellada, excepto a da parte interna das patas e as partes inferiores e frontais do corpo, que son brancas, todas atravesadas por franxas anchas e escuras. Son animais de vida solitaria, os machos e as femias só se xuntan durante a época de reprodución e cazan os dous. A femia pare unha camada de un a seis cachorros que permanecen xunto á nai ata o segundo ano de idade. Teñen unha dieta variada, comen cervos, gando vacún, ras, peixes ou prea. De orixe asiática, é un formidable depredador que ocupa hábitats moi diversos, desde Siberia ata Insulindia. É o representante máis grande da familia dos félidos. A especie divídese en cinco subespecies, o tigre indochino (P.t. corbetti), o tigre de Sumatra (P.t. sumatrae), o tigre de Java (P.t. sondaica), o tigre de Siberia ou tigre siberiano (P.t. altaica) e o tigre de Bengala ou tigre indio (P.t....
-
Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás tiliáceas.
-
Planta da familia das tiliáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos, da orde das malvais, que presentan follas simples, alternas e con estípulas, flores hermafroditas, actinomorfas, pentámeras, hipóxinas e poliandras, xeralmente agrupadas en cimas, de polinización entomófila, e de froitos en cápsula ou en núcula. Consta dunhas 400 especies, a maioría naturais das rexións cálidas.
-
-
PERSOEIRO
Político, marqués de Felino. Ao servizo de Filipe V en España (1730-48), foi nomeado ministro dos Borbóns do ducado de Parma (1748-71). Partidario do despotismo ilustrado, impulsou unha política de reformas políticas e sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás timeleáceas.
-
Planta da familia das timeleáceas.
-
Familia de plantas arbustivas, da orde das mirtais, que presentan follas simples, enteiras, sésiles, alternas ou opostas. As flores son actinomorfas, hermafroditas ou unisexuais, normalmente tetrámeras, con ovario súpero, sépalos petaloides e pétalos ausentes ou escamosos e de froitos habitualmente en drupa ou en núcula. Son naturais do S de África, Australia e a rexión mediterránea.
-
-
PERSOEIRO
Historiador italiano. A súa obra -da que quedan preto de 150 fragmentos- era unha historia de sicilianos e dos italiotas, seguida dunha dura monografía sobre Agátocles e un apéndice sobre o monarca Pirro. Foi utilizada ampliamente por Diodoro de Sicilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral grego. Liberou Corinto da tiranía do seu irmán Timófanes en 365. Xefe dunha expedición que axudou os demócratas de Siracusa en 345, un ano máis tarde obrigou a abdicar o tirano Dionisio II o Novo. Asediado por Icetas e os cartaxineses, atacou e conquistou Siracusa en 343, venceu os cartaxineses preto do río Crimisos (en 341 ou 339) e derrotou a todos os tiranos de Sicilia. Dedicouse entón a organizar en Sicilia unha democracia moderada.
VER O DETALLE DO TERMO