timeleáceo -a

timeleáceo -a

(< lat científico Thymelaea,xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás timeleáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das timeleáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas arbustivas, da orde das mirtais, que presentan follas simples, enteiras, sésiles, alternas ou opostas. As flores son actinomorfas, hermafroditas ou unisexuais, normalmente tetrámeras, con ovario súpero, sépalos petaloides e pétalos ausentes ou escamosos e de froitos habitualmente en drupa ou en núcula. Son naturais do S de África, Australia e a rexión mediterránea.

Palabras veciñas

timbroloxía | Timbutú | timectomía | timeleáceo -a | Timeo | Times, The | Timgad