Timgad
Timgad
Antiga cidade, actual Thamugadi, en Numidia (Alxeria), situada ao pé do Aurès, ao S de Constantina. Foi fundada por Traxano en 100 (Colonia Traiana Marciana Thamugadi). Destruída pouco tempo despois da época bizantina, foi ignorada ata as escavacións do s XIX, cando se descubriron as ruínas da cidade, coas rúas divididas en illas cadradas de casas, o fórum na encrucillada do cardo maximus e do decumanus, o teatro e a biblioteca.