"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome grego que provén de Timótheos, composto por timao ‘honrar, respectar’ e theós ‘deus’, co significado de ‘que honra a Deus’, a través do latín Timotheus.
-
PERSOEIRO
Músico e poeta grego. Compuxo diversos nomoi, ditirambos, himnos e encomios. O seu nomós titulado Os persas, conservado nun papiro do s IV a C, canta a Batalla de Salamina cun estilo rico no apartado léxico e métrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Continuador da escola de Fidias, traballou en Roma, nas estatuas de Ártemis no Palatino no templo de Asclepio en Epidauro e no mausoleo de Halicarnaso. Destacou na representación de nereidas e de níkai (vitorias). Atribúeselle a escultura de Leda e o cisne, coñecida a través de copias, e unha Atenea coa éxida estrelada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral, fillo de Conón. Estratega (378 a C), recuperou as illas do Mar Xónico (376-375 a C) pero, acusado en 373 a C polo seu fracaso no Mar Exeo, entrou ao servizo de Persia. Volveu a Atenas en 367 a C e combateu a hexemonía tebana. Non conseguiu reconquistar Anfípole nin o triunfo na Batalla de Embata (365 a C), motivo polo que se exiliou a Calcis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Discípulo e colaborador do apóstolo Paulo. Fillo de pai pagán e de nai xudeocristiá (Eunice), converteuno san Paulo. A tradición identificouno co xefe (bispo ou presbítero) da igrexa de Éfeso, destinatario de dúas epístolas neotestamentarias. Represéntase vestido de pontifical (bispo) ou con túnica e palio como os personaxes bíblicos; cun ídolo aos pés, en representación de Diana, un bastón nodoso na man, e pedras recollidas no manto; e leva, como atributos persoais, un rolo na man que alude á carta que lle mandou san Paulo. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político belga. Deputado desde 1961 polo Parti Social Chrétien, foi ministro de Relacións Comunitarias (1968-1971) e de Agricultura (1972-1973) e viceprimeiro ministro e ministro do Orzamento (1973-1974). Primeiro ministro (1974-1978), destacou polas súas reformas. Posteriormente, foi ministro de Asuntos Exteriores (1981-1989) e deputado no Parlamento Europeo (1979-1981 e 1989-1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias (12.598 h [2001]). É un centro agrícola e mineiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tiro-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona que está contida no lobo anterior da hipófise e que controla o funcionamento da glándula tiroide e activa o seu metabolismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que interfire na biosíntese da tiroxina, como é o caso dalgúns ións univalentes, dalgúns produtos de síntese e dalgunhas substancias aromáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tirotear.
-
PERSOEIRO
Poeta elexíaco. De orixe probablemente milesia, escribiu a Eunomia, un tratado sobre o bo goberno, que trataba as institucións espartanas. Destacan tamén as Ὑ ποθ ῆ και (Exhortacións) e os Εμβατ ῆ ρια (Cantos de marcha).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de titubear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa dos huaxtecas, no val de México, consagrada á fecundidade e ao pracer. Adoita representarse ergueita, cos peitos descubertos e as mans sobre o ventre, coa cabeza cuberta cunha gorra cónica. Sacrofocácanse prostitutas.
-
PERSOEIRO
Escritor. É autor de El castillo de la carta cifrada (1979), El cazador de leones (1987), El mayordomo miope (1989) e El Gallitigre (1990), de estilo próximo a Kafka e ao teatro do absurdo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen tondea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de toquenear.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribas de Sil baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ribas de Sil. Realizada en estilo románico (ss XII-XIII), ten unha soa nave de planta rectangular e ábsida de tramo recto cuberto con bóveda de cruzaría. Ten situadas nos costados da nave, entre o arco triunfal e as portas laterais, dúas capelas con bóveda de canón do s XVIII. Os muros son de cantaría granítica e leva cuberta de lousa a dúas augas. Destaca especialmente a fachada principal, con tres arquivoltas na portada e un ollo de boi ornamentado, e a sancristía, engadida durante o s XVIII e anexada ao tramo recto do presbiterio. Os retablos do interior foron destruídos durante un incendio en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Combate a cabalo, na Idade Media, entre cuadrillas de cabaleiros armados con lanzas, desenvolvido nun recinto circular, onde cada cabaleiro intentaba derribar ao seu contrario. Practicado en Europa desde o s XI ao s XVI, efectuábase no marco dunha festa pública con carácter de exhibición.
-
Certame literario ou artístico.
-
-
Competición individual ou por equipos que se disputa xeralmente por eliminatorias.
-