"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Que ten forma oval invertida, coa parte ampla no ápice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bioquímico. Estudou medicina na Universidade de Madrid, onde se doutourou en 1929. En 1941 emigrou a EE UU, onde se naturalizou estadounidense. Traballou na Universidade de Washington, foi xefe do departamento de bioquímica da Universidade de Nova York (1954-1975) e presidente do Patronato del Instituto de Biología Molecular da Universidad Autónoma de Madrid (1971). Estudou o metabolismo cerebral, sobre a vitamina B1, a fotosíntese, o metabolismo dos lípidos, o ciclo de Krebs e, fundamentalmente, os ácidos nucleicos. Traballou, xunto con W. Vishniac, sobre a fotosíntese, dándolle unha nova interpretación e, con A. Kornbert, fixo unha serie de investigacións sobre os ácidos nucleicos, que fixeron posible a síntese enzimática do ARN (1959). Das súas obras destaca Base molecular de la expresión del mensaje genético (1974). En 1959 recibiu, xunto con A. Kornberg, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina pola síntese do ácido ribonucleico e, en 1982, o Premio Ramón y Cajal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten oito sílabas.

      2. Que está formado por versos de oito sílabas.

    1. Verso de oito sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Rambsbury (937) e arcebispo de Canterbury (942). Foi conselleiro na corte inglesa, onde reformou estritamente os costumes eclesiásticos. A súa festividade celébrase o 4 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Oyo, Nixeria (730.000 h [1996]). É unha cidade agrícola onde destacan os cultivos de cereais, cacao e algodón. Conta tamén con industrias téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi samurai e participou na Revolución de 1868. Ministro de Facenda (1871) e de Interior (1874), colaborou no restablecemento da época Meiji. Reprimiu a revolta de Saigo Takamori en Kagoshima (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Naturalizada francesa, iniciouse na literatura coas novelas Argile et cendres (1946) e La pierre angulaire (Prix Femina 1953). Moi interesada pola época das cruzadas, a herexía dos cátaros e a historia medieval en xeral, escribiu Le Bûcher de Montségur (1959), Les Croissades (1963) e L épopée des cathédrales (1973). Cómpre salientar tamén os seus libros de memorias, Le procès du rêve (1982), e os seus dramas, Aliénor (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao vexetal heterótrofo que só necesita dispor de pequenas cantidades de produtos orgánicos de carbono do substrato en que crece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1986. Apareceu baixo o subtítulo “Os amantes da palabra”. De carácter literario, estivo promovida pola Asociación Cultural Ólisbos e elaborada por membros da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Sen periodicidade fixa, a maior parte da revista ocupábana os traballos de creación, aínda que tamén incluíu crítica literaria, traducións, recensións, entrevistas, fotografía e banda deseñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Mariña (1847), e escribiu De la Administración Pública con relación a España (1843), que se considera a primera obra española de ciencia da administración, e un dos piares do dereito administrativo español. Publicou tamén Sobre modificar la Constitución (1823) e Manual de economía política (1870). Pertenceu á Real Academia de la Historia e á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade fortificada inca, situada no val do río Urubamba (Perú). Construída para defender os camiños que levaban a Cuzco, capital do imperio, corresponde ao derradeiro período da arquitectura incaica (1460-1540) e é a única cidade inca aínda habitada. Segundo a lenda, o guerreiro Ollantay, heroe dunha peza literaria en lingua quechua, refuxiouse nesta cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado na escola toscana, imitou os occitanos e seguiu os temas da lírica siciliana. Del consérvanse 38 composicións de tema amoroso e popularizante, que se caracterizan polo ritmo lento e o respecto polas formas tradicionais. Está considerado como un dos predecesores do dolce stil novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos que resultan da combinación de hidrocarburos con boro. Coñécense, por exemplo, os trialquiboranos, como o trimetilborano B(CH3)3 e o trietilborano B(C2H5)3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Boyd-Orr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta máis occidental, despois de Estaca de Bares, da comunidade galega, situada na ría de Ortigueira. É o límite setentrional da serra da Capelada. Na marxe occidental do cabo sitúase a punta do Limo, considerada por algúns o verdadeiro cabo Ortegal, e no L, a punta dos Aguillóns. Presenta unha grande inestabilidade e fragmentación rochosa, sobre todo das ecloxitas, e as pendentes chegan a superar o 80%. En fronte do cabo Ortegal pódense divisar as illas Insua Maior, Cabalo Xoán, Tres Irmáns, A Longa e O Rodicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido bórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera éster do ácido ortocarbónico, de fórmula xeral C(OR)4.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido hipotético do que derivan formalmente os ortocarbonatos de alquilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo estadounidense. Realizou unha clasificación dos réptiles fósiles e traballos sobre paleontoloxía dos mamíferos, e destacou polos seus estudos xerais sobre a evolución. Das súas obras destaca The Ages of Mammals (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. No intento de atopar novas formas escénicas, tratou temas moi ambiciosos, como a crítica da orde establecida ou o drama histórico de investigación psicolóxica. Coa estrea da obra Look back in Anger (1956), que presentaba unha nova clase social en escena, conseguiu que o seu grupo teatral Angry young man fose recoñecido en Reino Unido. Das súas obras destacan The Entertainer (1957), Luther (1961), Patriot for Me (1965), Inadmissible Evidence (1965), West of Suez (1971) e Watch It Come Down (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO