Ochoa de Albornoz, Severo
Médico e bioquímico. Estudou medicina na Universidade de Madrid, onde se doutourou en 1929. En 1941 emigrou a EE UU, onde se naturalizou estadounidense. Traballou na Universidade de Washington, foi xefe do departamento de bioquímica da Universidade de Nova York (1954-1975) e presidente do Patronato del Instituto de Biología Molecular da Universidad Autónoma de Madrid (1971). Estudou o metabolismo cerebral, sobre a vitamina B1, a fotosíntese, o metabolismo dos lípidos, o ciclo de Krebs e, fundamentalmente, os ácidos nucleicos. Traballou, xunto con W. Vishniac, sobre a fotosíntese, dándolle unha nova interpretación e, con A. Kornbert, fixo unha serie de investigacións sobre os ácidos nucleicos, que fixeron posible a síntese enzimática do ARN (1959). Das súas obras destaca Base molecular de la expresión del mensaje genético (1974). En 1959 recibiu, xunto con A. Kornberg, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina pola síntese do ácido ribonucleico e, en 1982, o Premio Ramón y Cajal.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Luarca, Asturias -
Deceso
Lugar : Madrid