"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que pertence á orde das antocerotais.

    2. Briofita da orde das antocerotais.

    3. Pequena orde de briofitas que comprende plantas de talos semellantes ao das hepáticas e de esporofitos cilíndricos, con columela dehiscente por dúas valvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Briofita da clase das antocerotais.

    2. Clase de briofitas constituída unicamente pola orde das antocerotais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coloración anormal, violácea ou vermella escura, das follas ou doutros órganos, producida polo desenvolvemento anormal dos pigmentos antociánicos (antocianina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos sales (en xeral cloruros) de polihidroxiflavilio (polihidroxio-2-fenil-5,6-benzopirilio) que constitúen as agliconas das antocianinas e que son responsables da súa coloración. As coloracións dependen do pH do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dun grupo de pigmentos vexetais que proporcionan as coloracións vermellas, moradas e azuis das flores, de moitos froitos e dalgunhas follas, cortizas e raíces. Están constituídas por mono e diglicósidos dunha antocianidina, illable por hidrólise ácida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antocianidina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento vexetal de cor amarela. Recibe tamén o nome de antoxantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Antofagasta, en Chile (236.730 h [estim 1995]). Fundada en 1870 por mineiros chilenos de Atacama, pertencente daquela a Bolivia. A ocupación da cidade polo exército chileno (1879) foi a orixe da Guerra do Pacífico contra Perú e Bolivia. Centro comercial internacional de Atacama e porto de exportación das rexións mineiras do norte de Chile e Bolivia (cobre, nitratos, xofre, prata e outros minerais). As industrias locais son, polo xeral, derivadas da minería (refinerías de nitratos e xofre, xabón, pinturas). É tamén un importante nó de comunicacións (ferrocarril e estradas cara a Bolivia, Arxentina e o interior do propio estado). Posúe aeroporto internacional en Cerro Moreno e universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile, no N do país, situada entre a cordilleira dos Andes ao L e o Pacífico ao O (126.444 km2; 415.487 h [estim 1995]). A súa capital é Antofagasta. Limita ao N coa rexión de Taracapá, ao S coa de Atacama e ao L con Arxentina e Bolivia. É unha rexión fundamentalmente mineira: xacementos de nitratos, prata, xofre, mármore, cobre, etc. O territorio de Antofagasta, orixinariamente pertencente a Bolivia, pasou á soberanía chilena ao remate da Guerra do Pacífico (1879-1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que se alimenta de flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán dos Andes, ao norte da Arxentina (6.100 m de altitude). Situado ao norte do Salar de Antofalla, na Puna de Atacama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato ferromagnésico, de fórmula (Mg,Fe)7Si8O22(OH,F)2, do grupo dos anfíbolos. Cristaliza na singonia rómbica e preséntase en forma de prismas ou de fibras, de cor castaña escura e brillo nacarado ou vítreo. Ten unha dureza de 5,5 -6 e un peso específico de 2,85 -3,57. Atópase sobre todo nas rochas metamórficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das follas modificadas que integran a flor. Sépalos e pétalos son antofilos estériles, especializados na protección e atracción de insectos. Os estames e os carpelos son antofilos fértiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que habita entre flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. fanerógama.

    2. espermatófito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación do tálamo, situado entre o cáliz e os outros verticilos florais, que presentan algunhas flores como as cariofiláceas.

    2. Zona inferior do espádice das aráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director de escena e realizador cinematográfico francés. Foi o creador do Théâtre Libre en París, compañía coa que, entre 1887 e 1894, realizou diversos espectáculos nos que desenvolveu e popularizou a corrente naturalista de Èmile Zola, presentando na capital de Francia a autores do relevo de August Strindberg, Henrik Ibsen ou Gerhart Hauptmann. No 1897 fundou o Théâtre Antoine e no 1906 foi nomeado director do Odeón. Pode considerarse un dos fundadores da dirección de escena como disciplina artística. As súas achegas van desde a consideración do deseño escenográfico, como un elemento determinante na posta en escena, ata cuestións tan relevantes na recepción, como a necesidade de apagar as luces da platea, palcos e outros espacios ocupados polos espectadores durante a función. Incorporado ao cine no 1914, o seu sentido do realismo avanzou o que moitos anos máis tarde sería a esencia do Neorrealismo italiano. Entre as súas obras destacan Les frères corses (Os irmáns corsos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi un dos principais representantes do Neoclasicismo. Foi o autor da Nova Casa da Moeda de París (1768-1777), de estilo clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín Antoninus, derivado de Antonius. Á dinastía romana dos Antoninos (96-192) pertenceron os emperadores Nerva, Traxano, Adriano, Antonino, Pío, Marco Aurelio e Cómodo; durante o seu goberno, traballouse dabondo na creación e reparación das vías romanas da Gallaecia. Santo Antoíño é titular dunha parroquia e patrón do concello de Toques, onde se celebra a súa festividade o día 2 de setembro. Entre as variantes deste nome atópanse Antuíño e Antuín; nas falas astur-galegas tamén se atesta a forma Antolín. Na tradición oral recóllense cantigas tales como: “Santo Antoíño / aparecede vós / que o desmo das fabas / pagámolo nós”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son escasos e algo confusos os datos que fan referencia a este santo. Unhas fontes lígano á cidade occitana de Pamiers ao identificalo co fillo dun príncipe galo, discípulo de san Denís, evanxelizador da Galia Narbonense e primeiro bispo de Pamiers. Outra tradición relata que no s XII o conde Roger II de Foix, quen loitara nas cruzadas na cidade siria de Apamia, trouxo de alá as reliquias dun mártir chamado Antonino e logo fundou na Occitania unha vila que bautizou tamén como Apamia (hoxe Pamiers), depositando alí as reliquias do mártir que acabou por se converter en santo local. Por último, hai tamén quen o identifica con santo Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO