Antofagasta
Antofagasta
Rexión de Chile, no N do país, situada entre a cordilleira dos Andes ao L e o Pacífico ao O (126.444 km2; 415.487 h [estim 1995]). A súa capital é Antofagasta. Limita ao N coa rexión de Taracapá, ao S coa de Atacama e ao L con Arxentina e Bolivia. É unha rexión fundamentalmente mineira: xacementos de nitratos, prata, xofre, mármore, cobre, etc. O territorio de Antofagasta, orixinariamente pertencente a Bolivia, pasou á soberanía chilena ao remate da Guerra do Pacífico (1879-1882).