"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Político, primeiro duque de Leeds e marqués de Carmarthen. Coñecido como conde de Danby, dirixiu a política inglesa nos anos 1674-1679 e 1690-1699 e foi un dos instigadores da Revolución de 1688.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros acuáticos, da familia dos vivérridos, que presentan o pelame pardo con pintas brancas na cabeza e coa cola moi peluda. A única especie que se coñece é O. piscivora, que foi descuberta no bosque Ituri, na rexión nordés da conca do río Congo (1919).
-
CIDADES
Cidade do estado de Oyo, Nixeria, que está situada ao NL de Ibadan (441.600 h [1992]). É un centro de tratamento de cacao.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cans fósiles, da familia dos cánidos, que presentaban dentes cónicos e robustos. Eran escavadores e alimentábanse de prea. Viviron durante o Mioceno tardío e extinguíronse durante o Plistoceno.
-
PERSOEIRO
Rei de Bohemia (1198-1230). Obtivo o título de rei e a autonomía total para Bohemia do Emperador Filipe I de Xermania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bohemia (1253-1278) e duque de Austria (1251), fillo de Venceslau I de Bohemia. Conquistou Estiria aos húngaros en 1260 e en 1269 tomou posesión de Carintia, Carniola e Istria. Rodolfo I de Habsburgo forzouno a renunciar a todos os seus territorios excepto Bohemia e Moravia polo Tratado de Viena de 1276.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Formado nas categorías inferiores do R. C. Celta de Vigo, debutou en primeira división co equipo vigués na tempada 1992-1993. Xogou na máxima categoría no Real Betis, no Valencia C. F. e no C. Atlético de Madrid. Foi internacional absoluto en nove ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Con doce anos incorpórase á canteira do Real Club Celta de Vigo co que na temporada de 1996/97 asina un contrato na categoría de cadete. Despois de catro temporadas co Real Club Celta B nas divisións de Terceira e Segunda B, ascende ao primeiro equipo, debutando na Primeira contra o Valencia. En marzo de 2006 debuta na Liga de Campións ante o Arsenal inglés e coa selección española durante a fase de clasificación para a Eurocopa de 2008. Na temporada 2007/08 xogou cedido no Birmingham City, na Premier League pero o contrato foi rescindido e volveu ao Celta antes de finalizar a temporada onde segue xogando e exercendo as labores de capitán. No ano 2006 finalizou a carreira de Empresariais na Universidade de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (6.259 km2; 509.170 h [1998]). A súa capital é Oum el-Bouagui (44.199 h [1987]).
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo ovambo.
-
Individuo do pobo ovambo.
-
Pobo do SO de África, establecido principalmente no N de Namibia e no S de Angola. A súa economía baséase na agricultura, na pesca, na caza e na recolección. A organización social é de tipo matrilineal e matrilocal, se ben a instalación do marido na familia da muller non sempre ocorre. Falan unha lingua bantú.
-
-
REXIÓNS
Rexión natural de Namibia, situada no N do país, na fronteira con Angola. A capital é Ondangua. Está habitada polos ovambos e nela viven case dous terzos da metade da poboación de Namibia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Exceso de reservas de prazas sobre o número dispoñible. Prodúcese cando as empresas, para garantir a plena ocupación, contratan, contando coas anulacións, un número de reservas superior á súa capacidade real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Flor do millo ou parte superior da planta do millo en flor que se emprega como forraxe.
-
PERSOEIRO
Historiador e ensaísta. Doutor en Filosofía e Letras e licenciado en Dereito. Foi catedrático de Historia en Sevilla (1930-1935) e en Madrid (desde 1935), deputado a Cortes pola CEDA (1935-1936) por Sevilla e director da Real Academia de la Historia. Escribiu obras históricas e prestoulle especial atención aos temas políticos, como La revolución portuguesa (1941-1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (137.647 h [2000]). Posúe industrias químicas, metalúrxicas, de plásticos, téxtiles e electrónicas. Do seu patrimonio destaca a catedral, con cripta románica dos ss XI-XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán xeneral de Aragón, lexitimou o movemento popular antifrancés mediante a convocatoria das Cortes aragonesas e asumiu a defensa de Zaragoza, que foi asediada en dúas ocasións polos franceses (1808-1809). Dúas veces senador por Zaragoza con Fernando VII, en 1836 foi nomeado duque.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudou en València e París con Charles Koechlin e Maurice Ravel. Membro do Consejo Nacional de Educación Musical, foi director do conservatorio de València. Das súas obras destacan Gongoriana (1927, Premio Nacional de la Música), Marcha burlesca (1936), Atardecer (1945, Premio Nacional de la Música) e a ópera Maror (1953-1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da botánica que estuda as plantas fósiles e que emprega os métodos de estudo da paleontoloxía.
-