ovambo
ovambo
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo ovambo.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo ovambo.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo do SO de África, establecido principalmente no N de Namibia e no S de Angola. A súa economía baséase na agricultura, na pesca, na caza e na recolección. A organización social é de tipo matrilineal e matrilocal, se ben a instalación do marido na familia da muller non sempre ocorre. Falan unha lingua bantú.