"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Aplícase ao receptor sensitivo que detecta e diferenza as substancias segundo a súa estrutura química, e cuxo estímulo pode provocar reaccións de resposta no organismo.

    2. Órgano sensible ás modificacións químicas do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da atmosfera onde teñen lugar principalmente as reaccións fotoquímicas, que consisten nunha disociación e unha recombinación molecular, a primeira durante o día e a segunda durante a noite. Esténdese arredor dos 25 e os 80 km aproximadamente entre a estratopausa, ou parte superior da estratosfera, e a ionosfera. Dentro dela atópase a ozonosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síntese de substancias orgánicas a partir dunha fonte de enerxía de tipo químico. Aplícase principalmente á síntese dos organismos autotróficos non dotados de clorofila (denominados quimiótrofos), que sintetizan as substancias orgánicas que incorporan ao seu protoplasma, partindo de compostos minerais reducibles como auga, dióxido de carbono ou sales amoniacais, e aproveitando a enerxía desprendida en procesos de oxidación de compostos inorgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen realiza a quimiosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para obter cultivos continuos e que consiste nun receptáculo cerrado que se comunica cun depósito que lle subministra constantemente un medio de cultivo, e cun sifón polo que sae o exceso de células do cultivo e dos seus produtos de excreción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de locomoción orientada e obrigada que toman certos organismos móbiles. É iniciada e mantida pola concentración química dunha substancia ou pola variación do seu gradiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Taxonomía que basea os seus criterios de clasificación en similitudes presentadas por certas proteínas dos organismos, polo feito de que se considera que foron menos influídos pola selección natural que polos caracteres morfolóxicos tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento por axentes químicos que actúan sobre determinados microorganismos ou células sen prexudicar os tecidos orgánicos. Desde Ehrlich aplícase en terapéuticas medicamentosas antineoplásticas e antiinfecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á quimioterapia.

    2. Substancia que é capaz de actuar de forma máis ou menos selectiva sobre parasitos sen danar o hóspede afectado. Segundo o parasito sobre o que actúen, clasifícanse en antihelmínticos, antifúnxicos, antiprotozoarios, antibacterianos, antivíricos e antineoplásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quimiosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á célula que utiliza reaccións de oxidación-redución como fonte de enerxía.

    2. Ser con células que obteñen enerxía de reaccións de oxidación-redución. Segundo os reactores utilizados, poden ser subdivididos en quimioorganótrofos, cando aqueles son moléculas orgánicas, e quimiolitótrofos, cando son compostos inorgánicos simples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao quimiotropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo en que o factor estimulante é unha substancia química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade química.

    2. Excesivo emprego de produtos químicos.

    3. Análise química do zume gástrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa líquida e espesa en que se converte o bolo alimentario para a dixestión gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘zume’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘onda’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método radiográfico en que se aprecian as vibracións larínxeas, bucais e nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato fonético, inventado por K. Ludwig en 1847, que recolle e fixa experimentalmente as vibracións sonoras da fala inscritas sobre unha superficie plana, e que en 1863 perfeccionou H. von Helmholtz e, a principios do s XX, Jean-Pierre Rousselot.

    VER O DETALLE DO TERMO