quimiosfera
quimiosfera
(< quimio- + esfera)
s
f
[METEOR]
Capa da atmosfera onde teñen lugar principalmente as reaccións fotoquímicas, que consisten nunha disociación e unha recombinación molecular, a primeira durante o día e a segunda durante a noite. Esténdese arredor dos 25 e os 80 km aproximadamente entre a estratopausa, ou parte superior da estratosfera, e a ionosfera. Dentro dela atópase a ozonosfera.