"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa amiga da diversión e que fai rir á xente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que vive na area.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anélidos poliquetos sedentarios co corpo dividido en tres rexións, das que a intermedia presenta branquias arborescentes. Escavan galerías na area do litoral á vez que reteñen as partículas orgánicas presentes nela, que constitúen o seu alimento. Coa baixamar deixan nas praias pequenas moreas espirais produto do filtrado. En Galicia é frecuente a especie A. marina que acada os 20 cm de lonxitude e que é empregada polos pescadores como isca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén area.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante á area.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda serie do ordiviciense situado entre o Tremadoc e o Llanvir.
-
-
Peixe mariño clupeiforme de ata 40 cm, de cor azul escura polo dorso, máis clara nos flancos e prateada no ventre; teñen unhas pregaduras adiposas características nos ollos. Viven na parte setentrional do Atlántico, tanto nas costas americanas como nas europeas onde chegan ata o golfo de Bizkaia. Agrúpanse en cardumes que no verán viven en augas profundas, ata os 200 m, e no inverno migran a augas litorais someras. Cada femia pon de 20.000 a 40.000 ovos, que quedan fixados cun moco no fondo da area ou da grava. O crecemento dos arenques é rápido, e aos tres anos, aproximadamente, alcanzan a madureza sexual. Son consumidos frescos, conxelados, en conserva, salgados e afumados. A súa carne é moi apreciada, tanto polo sabor como por ser rica en graxas.
-
Arenque que se atopa nas costas norteamericanas e asiáticas do Pacífico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilizar o arento para trazar a circunferencia exterior das rodas do carro.
-
RIOS
Río afluente do Avia. Nace na Pena de Francia, a 840 m de altitude. Recibe pola esquerda ao Oseira e pasa pola vila do Carballiño. Desemboca no Avia na parroquia de Pazos de Arenteiro, a 104 m de altitude logo dun percorrido de 33 km en dirección NL-SO, nos que drena unha conca de 185 km2 achegando un caudal de 4,5 m3/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista xurdida en novembro de 1931 en Bos Aires e subtitulada “Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino”. Dirixida por Modesto García, contaba coas colaboracións de Ramón Cabanillas e E. Pardo Bazán, xunto con outros xornalistas, escritores e políticos. Informaba sobre temas relacionados coa emigración galega e sobre as actividades do centro, amais de conter datos culturais e reproducións de poemas de Pondal, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Francisco Añón e outros poetas consagrados. Na prosa destacan narracións de Lamas Carvajal e ensaios de Salvador Cabeza de León e Manuel Murguía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada sobre o río Arenteiro na parroquia de Barrán, do concello de Piñor de Cea. Trátase dunha ponte, cun van, con bóveda de sillería de medio punto e rasante horizontal. Posiblemente dos séculos XVII ou XVIII. Forma parte do antigo Camiño Real que unía Ourense con Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de compás utilizado para trazar a circunferencia exterior das rodas do carro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, na comarca do Maresme (11.827 h [1996]). Industria téxtil, licores, construción naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, na comarca do Maresme (5.483 h [1996]). Cereixas, amorodos e floricultura. Industria téxtil. Igrexa parroquial de Sant Martí (1514-1540). Ruínas de vilas romanas. Masías con torres defensivas do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada do nome grego do deus da guerra, Ares (o Marte latino), empregada para designar o planeta Marte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición do planeta Marte.
-
-
Área pequena, especialmente a que rodea algunha cousa.
-
-
Zona de color escura que envolve a mamila, chamada tamén aréola mamaria.
-
Zona do iris que circunda a meniña do ollo.
-
-
-
Pequena zona delimitada por un relevo ou ben cunha coloración diferente como as que hai entre os nervios anastomosados das follas, o sinal de inserción dun froito sobre o receptáculo, etc.
-
Relevo anular da membrana que envolve os poros, chamados areolados, das traqueidas.
-
Grupo de acídulas das cactáceas.
-
-
Espacio comprendido entre os nervios das ás dos insectos.
-
Zona avermellada que pode aparecer despois dunha intradermorreacción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dun órgano ou dunha estrutura cando presenta aréolas.
-
-
Relativo ou pertencente ás aréolas.
-
Que está cheo de intersticios ou aréolas.
-
elocidade coa que o radio vector dun punto material se somete a un sistema central de forzas, describe a área S comprendida entre o centro de forzas e a traxectoria do punto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Determinación da densidade dun líquido, baseada no principio de Arquímedes, obtida en función da flotabilidade que presenta un corpo de peso constante situado nel.