arenque

arenque

(< provenzal arenc < xermharing ‘exército’)

  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe mariño clupeiforme de ata 40 cm, de cor azul escura polo dorso, máis clara nos flancos e prateada no ventre; teñen unhas pregaduras adiposas características nos ollos. Viven na parte setentrional do Atlántico, tanto nas costas americanas como nas europeas onde chegan ata o golfo de Bizkaia. Agrúpanse en cardumes que no verán viven en augas profundas, ata os 200 m, e no inverno migran a augas litorais someras. Cada femia pon de 20.000 a 40.000 ovos, que quedan fixados cun moco no fondo da area ou da grava. O crecemento dos arenques é rápido, e aos tres anos, aproximadamente, alcanzan a madureza sexual. Son consumidos frescos, conxelados, en conserva, salgados e afumados. A súa carne é moi apreciada, tanto polo sabor como por ser rica en graxas.

  2. arenque do Pacífico [ANIMAL/ICT]

    Arenque que se atopa nas costas norteamericanas e asiáticas do Pacífico.

Frases feitas

  • Estar coma un arenque. Estar esmirrado.

Palabras veciñas

arenífero -ra | areniforme | Arenixián | arenque | arentar | Arenteiro | Arenteiro